Pomba mensaxeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q138756
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
Unha '''pomba mensaxeira''' é unha [[Variedade (Bioloxía)|variedade]] de [[pomba brava]] (''Columba livia'') que se adestra para que volte ao seu [[pombal (edificio)|pombal]] desde longas distancias levando algún tipo de [[mensaxe]] ou [[Carta (mensaxe)|carta]], chamadas [[columbograma]]s, nun tubo anular que se lles coloca nunha [[pata]].
 
Segundo a tradición bíblica, a máis antiga pomba mensaxeira foi a que lle levou a [[Noé]] a mensaxe do retroceso das augas despois do diluvio ao regresar cunha póla de [[oliveira]] no [[peteiro]], converténdose no símbolo da [[paz]], [[pomba da paz]]. O certo é que a utilización da pomba como [[medio de comunicación]] coñécese desde a antigüidade: os gregos transmitían ás cidades os nomes dos gañadores dos [[Xogos Olímpicos da Antigüidade|Xogos Olímpicos]] por medio de pombas e as lexións romanas contaban con pombais móbiles que acollían milleiros de exemplares. Os árabes perfeccionaron o seu uso e utilizáronas, por exemplo, contra os cruzados en [[Terra Santa]] para coñeceren os seus movementos. Existiron servizos de correo regulares por medio de pombas mensaxeiras e emitíronse [[selo postal|seloselos]]s de uso exclusivo para estes servizos.
 
A utilización da pomba mensaxeira como medio de comunicación diminuíu coa aparición da telegrafía sen fíos. Actualmente o seu uso é case exclusivamente deportivo aínda que os diferentes exércitos manteñen unidades especializadas para casos de conflitos militares que leven aparellado o colapso das comunicacións.
 
== Véxase tamén ==
* [[Colombofilia]]
 
{{paxaros}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Columbiformes]]
[[Categoría:Medios de comunicación]]