Diferenzas entre revisións de «Mazarico chiador»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
O '''Mazarico galego''' ou '''mazarico chiador''' (''Numenius phaeopus'') é un ave da familia das [[Scolopacidae]].
 
== Morfoloxía e Hábitos ==
Especie moi similar ó [[Mazarico real]], aínda que máis pequeno ca este. Ten unha lonxitude de 41 cm e chega a pesar os 500 gramos. O [[peteiro]] (6-9 cm) é algo máis curto, con menos curvatura e algo máis groso có do Mazarico real. A súa [[envergadura]] oscila entre os 78-88 cm. Na cabeza ten dúas raias de cor marrón que poden ser moi marcadas dependendo do individuo. Machos e femias non presentan diferenzas morfolóxicas.
Existe a subespecie '''hudsonicus''', propia do Norte de América. Caracterizándose polo extremo das ás de cor negro.
É un ave gregaria que a miúdo convive con outras limícolas.
O seu hábitat natural son os terreos anegados, a [[tundra]] e os areais e zonas rochosas costeiras. Aliméntase de insectos, caracois, crustáceos. No outono tamén [[baga]]s silvestres.
 
== Reprodución ==
A femia pon catro [[Ovo (bioloxía)|ovoovos]]s, que incuba durante 27-28 días. Os polos voas ás 5-6 semanas. O niño está no chan.
 
== Distribución ==
Durante a época de cría (maio a xullo) localízase en [[Islandia]], [[Escandinavia]], Noroeste de [[Rusia]] e nos [[Países Bálticos]]. No inverno, pódese atopar con frecuencia en toda a costa ibérica (incluída Galicia e excluída a Costa do Levante) e a costa do [[Marrocos]].
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* "100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas". C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez. Editado polo Concello de O Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
* ''Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea''. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. {{es}}
* ''Gran Guía de la Naturaleza AVES''. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. {{es}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Caradriformes]]
393.002

edicións