Pato cristado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 20:
O '''pato cristado''' (''Aythya fuligula'') é un [[anátidos|anátido]] mergullador de pequeno tamaño.
 
== Descrición ==
Os machos adultos son negros, cos lados brancos e o peteiro de cor azul, cunha crista de plumas na cabeza que lle dá o nome á especie. Os ollos son amarelos brillantes.
 
Liña 26:
[[Ficheiro:Female Tufted Duck 800.jpg|miniatura|esquerda|Femia de pato cristado]]
 
== Distribución e hábitat ==
Cría en zonas temperadas e do norte de [[Eurasia]]. Aparece como visitante ocasional nas costas dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e [[Canadá]]. Ocuparon Centroeuropa no século XVIII procedentes do oeste e do norte. A expansión que está a sufrir a súa area de distribución atribúese ao aumento das poboacións de [[mexillón]]s de auga doce e á aparición de superficies acuáticas novas como consecuencia da extracción de áridos. Os máis dos exemplares son migratorios e pasan os invernos nas zonas máis mornas do oeste e sur de [[Europa]] e sur de [[Asia]]. Nalgunhas zonas, coma nas [[illas Británicas]], as costas do [[mar do Norte]], [[Alemaña]], [[Francia]], [[Polonia]] e o [[Benelux]] son sedentarios. No inverno forman grandes bandadas en augas abertas.
 
Vive a carón de lagos e pantanos, pero atópase tamén en ríos, lagoas costeiras, na beira do mar e en estanques urbanos.
 
== Reprodución ==
Cría en áreas con moita vexetación preto de lagos e pantanos. Fai o niño no chan, agachado entre as plantas. A época reprodutora vai de xuño a xullo e crían os polos ata agosto.
 
== Alimentación ==
O 60% da súa dieta componse de [[mexillón]]s e caracois, un 30% de [[artrópodo]]s e outros animais pequenos, e o resto de vexetais. Cando busca comida pode mergullarse ata os dous metros de profundidade. En xeral, os pitos son alimentados exclusivamente de [[insecto]]s.
 
== Status ==
En [[Europa]] crían entre 250.000 e 300.000 parellas. En [[Rusia]] entre 400.000 e 500.000.
 
== Ave de adorno ==
O '''pato cristado''', que é unha especie de parrulo atractiva, áxil e fácil de coidar, é unha ave decorativa en parques desde hai moito tempo. No século XVII estaba presentes nos xardíns de [[Versalles]] e [[Londres]]. En [[1848]] no zoo londinense criáronse os primeiros polos nados en catividade.
 
== Nome común noutras linguas ==
* Alemán:Reiherente
* Búlgaro: Kachulata potapnitsa (Качулата потапница)
* Checo:Polák chocholačka
* Danés:Troldand
* Inglés: Tufted Duck
* Español: Porrón moñudo
* Estonio: Tuttvart
* Finés Tukkasotka
* Francés: Fuligule morillon
* Húngaro:Kontyos réce
* Islandés: Skúfönd
* Italiano:
* Neerlandés: Kuifeend
* Noruegués: Toppand
* Sueco: Vigg
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
=== Bibliografía ===
* T. Bartlett, ''Ducks And Geese - A Guide To Management'', The Crowood Press, 2002, ISBN 1-852285223-3650650-7
* Hartmut Kolbe; ''Die Entenvögel der Welt'', Ulmer Verlag 1999, ISBN 3-8001-7442-1
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Anátidos]]