Vocalización das aves: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 9:
 
== Definición ==
A diferenza entre canto e reclamo é dalgunha maneira arbitraria. Os cantos son máis longos e complexos e están asociados ao cortexo e apareamento, mentres que os reclamos tenden a desempeñar funcións de alarma ou para manter xunta á bandada e en comunicación.<ref name=Ehrlich>Ehrlich, Paul R., David S. Dobkin, e Darryl Wheye. [http://www.stanford.edu/group/stanfordbirds/SUFRAME.html "Bird Voices" and "Vocal Development"] from ''Birds of Stanford essays''.</ref> Outras autoridades como Howell e Webb (1995) fan a distinción en base á súa función; deste xeito, vocalizacións curtas como as das [[pomba]]s, e mesmo sons non vocais como o "tamborileo" dos [[petos|paxaros carpinteiros]] ou o producido polo batido das ás do [[Gallinago gallinago|arceolo]] nos seus voos de exhibición son considerados cantos.<ref name=howell>Howell, Steve N. G., e Sophie Webb (1995): ''A Guide to the Birds of Mexico and Northern Central America''. Oxford University Press. ISBN 0-19-854012-4.</ref> Porén, outros autores enfatizan que o canto debe posuír diversidade silábica e regularidade temporal semellante aos patróns repetitivos e transformativos que definen a [[música]].
 
O canto das aves está máis desenvolvido na [[Orde (bioloxía)|orde]] dos [[Passeriformes|paseriformes]]. A maioría dos cantos son emitidos polos machos máis que polas femias. Os cantos son emitidos desde sitios onde os paxaros pousan, aínda que algunhas [[especie]]s poden facelos tamén en voo. Algúns grupos de aves son case mudos, producindo sons puramente mecánicos, tales como as [[cegoñas]] que só troupelean cos seus picos. Nalgunhas especies de [[Pipridae|pipras]], o macho desenvolveu varios elementos mecánicos para a produción de sons, entre eles mecanismos para a [[estridulación]] non moi diferente á dos insectos.<ref>Bostwick, Kimberly S. e Richard O. Prum (2005): "Courting Bird Sings with Stridulating Wing Feathers". ''Science''. '''309''' (5735):736. [http://www.sciencemag.org/cgi/content/abstract/309/5735/736].</ref>
Liña 19:
 
== Función ==
A hipótese dalgúns científicos é que os cantos das aves evolucionaron a través da [[selección sexual]], e certos experimentos suxiren que a calidade do canto da ave pode ser un bo indicador do estado físico do individuo.<ref>Read, A. W. e D. M. Weary (1990): "Sexual selection and the evolution of bird song: A test of the Hamilton-Zuk hypothesis". ''Behavioral Ecology and Sociobiology'' '''26''' (1):47-56. [http://www.springerlink.com/content/ynl74mu1lp71v16t/]</ref> Algúns experimentos tamén suxiren que certos parasitos e enfermidades poden afectar as características do canto, como a frecuencia en que sucede, e por tanto establece un indicador de saúde.<ref>Garamszegi, L. Z., A. P. Møller, János Török, Gábor Michl, Péter Péczely e Murielle Richard (2004): "Immune challenge mediates vocal communication in a passerine bird: an experiment", ''Behavioral Ecology'' '''15'' (1): 148-157.</ref><ref>Redpath, S. M., Bridget, M. Appleby, Steve e Petty, J. (2000): "Do male hoots betray parasite loads in Tawny Owls?" ''Journal of Avian Biology'' '''31''' (4): 457–462. [http://www.blackwell-synergy.com/doi/abs/10.1034/j.1600-048X.2000.310404.x?journalCode=jav]</ref> O repertorio dos cantos, segundo parece, tamén indica o estado físico en certas especies.<ref>Reid, J. M., Peter Arcese, Alice L. E. V., Cassidy, Sara M. Hiebert, James N. M. Smith, Philip K. Stoddard, Amy B. Marr, e Keller, Lukas F. (2005): "Fitness Correlates of Song Repertoire Size in Free-Living Song Sparrows (''Melospiza melodia'')" ''The American Naturalist'', '''165''':299–310. [http://www.journals.uchicago.edu/cgi-bin/resolve?id=doi:10.1086/428299&erFrom=-7470294868308382079Guest]</ref> A habilidade dos machos de manter e proclamar o seu territorio utilizando o canto tamén demostra a súa superioridade física sobre outros conxéneres.
 
A comunicación a través do canto pode darse entre individuos da mesma especie, pero tamén pode producirse entre individuos de diferentes especies. A ''chamada de acoso'' en aves úsase para recrutar individuos onde ameaza un [[bufo]] ou outro [[depredación|depredador]]. Estas chamadas caracterízanse por teren un amplo espectro de [[frecuencia]]s, comezo e terminación agudos, e repetitividade. Estas características son comúns entre diferentes especies e creese que son útiles a outros acosadores potenciais por seren de fácil localización. Por outra parte, as chamadas de alarma de moitas especies son caracteristicamente agudas e difíciles de localizar con precisión.<ref>Marler, P. (1955): "Characteristics of some animal calls". ''Nature'' '''176''':6-8.</ref>
 
Individualmente, as aves poden seren suficientemente sensitivas como para identificarse entre si por medio dos cantos. Moitas das aves que aniñan formando colonias poden localizar aos seus polos utilizando os seus cantos.<ref>Lengagne, T., J. Lauga e T. Aubin. (2001): "Intra-syllabic acoustic signatures used by the King Penguin in parent-chick recognition: an experimental approach". ''The Journal of Experimental Biology'' '''204''':663–672.
Liña 49:
 
{{commonscat}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Aves]]