Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
A '''lapa común''' é unha especie de molusco [[gasterópodos|gasterópodo]] mariño, de cuncha cónica, comestible aínda que pouco apreciada. Pertence á [[familia (bioloxía)|familia]] [[Patellidae]]. Aínda que existen varias especies designadas co nome común de ''lapa'', a especie típica é a ''Patella vulgata'' (Linnaeus, 1758).
 
== Morfoloxía ==
Presenta unha [[cuncha]] cónica de ampla base, co ápice un pouco adiantado cara a parte anterior; o contorno da base é irregular. Pode alcanzar diámetros de ata 6 cm pero habitualmente non supera os 3 cm.
 
A cor habitual é gris ou marrón, con tons amarelos e manchas pardas. O interior da cuncha é branco ou amarelado, brillante, coas marxes transparentando os debuxos exteriores. Pode distinguirse claramente a impresión muscular en forma de ferradura aberta anteriormente.
 
== Hábitat e bioloxía ==
Distribúese abundantemente pola costa europea do [[Atlántico]] desde a [[Canle da Manga]], e no [[Mediterráneo]]. Viven fixados nas rochas da franxa supralitoral e medioliteral.
 
Son animais [[herbívoro]]s que se alimentan das algas. Cando a pedra na que viven queda descuberta, ó baixar a marea, péganse firmemente á rocha como medida defensiva contra os predadores e para evitar así a desecación.
 
== Aproveitamento pesqueiro e comercial ==
[[Ficheiro:Altamira Patella vulgata Édouard Harlé MHNT.PRE.20120.0.608.jpg|miniatura|dereita|300 px|Fósiles de cunchas de lapa, procedentes da [[cova de Altamira]] e datadas como de hai 15.000 anos]]
A súa escasa aceptación no mercado galego, a diferenza do seu aprecio noutros países europeos, fai que non sexa obxecto de pesca e venda, recolléndose só para consumo propio. Péscase arrancándoa da pedra cunha rasqueta.
En calquera caso, a lapa é un molusco comestible, que se recomenda comer en cru porque, se é cociñada, a carne vólvese dura e indixesta. Este problema podería evitarse cunha [[conxelación dos alimentos|conxelación]] previa e reducindo o tempo de cocción.
 
== As lapas en Galicia ==
Outras denominacións populares da lapa son as de ''copo'', ''cuco'', ''lámparo'', ''lampro'' ou ''patela''.
 
Por extensión, aplícase o apelativo de ''lapa'' a unha persoa molesta e pesada, da que resulta imposible librarse.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lapa rústica]]
* [[Lapa peixeira]]
 
=== Bibliografía ===
* DIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PESQUEIRA: ''Guía do consumidor de peixe fresco''. Xunta de Galicia 1999.
* RAMONELL, Rosa: ''Guía dos mariscos de Galicia''. Galaxia, Vigo 1985.
* RÍOS PANISSE, M. Carmen: ''Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces)''. ''Anejo'' 7 (1977) de ''Verba''.
 
=== Ligazóns externas ===
{{Commons|Category:Patella vulgata}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Gasterópodos]]
381.175

edicións