Tinta (cefalópodos): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 3:
A '''tinta dos cefalópodos''' ou '''borra''' é unha especie de [[pigmento]] escuro que desprenden moitos [[cefalópodos]] por regra xeral como unha estratexia de evasión.
 
Todos os cefalópodos, coa excepción dos [[nautílidos]] e as especies que pertecen á suborde dos [[cirrinos]] son capaces de emitiren este pigmento, que popularmente se denomina '''tinta''' ou '''borra'''.<ref>Roger T. Hanlon e John B. Messenger (1999): ''Cephalopod Behaviour''. Cambridge University Press. ISBN 05216458320-521-64583-2.</ref>
 
Esta tinta emprégase nalgúns países da área [[mar Mediterráneo|mediterránea]] na elaboración dalgúns pratos de cociña.
 
== Características ==
A tinta sa dunhas [[glándula]]s de tinta situadas entre as [[branquia]]s dos cefalópodos, expulsándose polas aberturas laterais do [[sifón (cefalópodos)|sifón]] cando o cefalópodo se encontra en perigo, deixando un rastro escuro que permite desorientar ao atacante. A cor escura do pigmento débese ao seu contido en [[melanina]]. Así mesmo, a tinta ten [[dopamina]], [[tirosinase]] e [[levodopa]].<ref>[http://nationalzoo.si.edu/Animals/Invertebrates/Facts/cephalopods/inking.cfm ''Cephalopods. Inking''] Smithsonian. {{en}} Consultada o 18/09/2012.</ref>
 
A cor da tinta de cada cefalópodo non é igual. A denominación da cor [[Sepia (cor)|sepia]] refírese á cor da tinta da [[xiba]] ou '''sepia'''.
Liña 15:
Adoita empregarse principalmente na cociña dos países mediterráneos. Na [[Gastronomía de España|cociña española]], para realizar diversas preparacións de [[lura]]s ou patra outros pratos, aos que lle confiren unha cor negra característica.
 
Unha das preparacións españolas máis típicas é das '''luras na súa tinta'''. O ''arroz negro'', típico da cociña [[valencia]]na é un prato de [[arroz]] preparado coa tinta de lura. Unha variante son os ''fideos negros'' (''[[fideuá]] negra'').
 
Na [[Gastronomía de Italia|cociña italiana]] emprégase na elaboración dos ''[[spaghetti]] al nero di seppia'' (espaguetis ao negro de [[sepia]]), sendo esta tamén a causante da cor na ''[[pasta|pasta negra]]''.
 
== Notas ==
{{listaref}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Alimentación]]