Ameixa rubia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
A '''ameixa rubia''' (''Venerupis rhomboides'', Pennant 1777 <ref>O World Register of Marine Species [http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=507877] considera que o nome científico válido actualmente é o de ''Polititapes virgineus'' (Linnaeus, 1767), pero mantemos o de ''Venerupis rhomboides'' seguindo a nomenclatura oficial vixente en España (Resolución de 28 de maio de 2012, da Secretaría Xeral de Pesca, pola que se establece e se publica a listaxe de denominacións comerciais de especies pesqueiras e de acuicultura admitidas en España (BOE nº 148, de 21.06.2012) [http://www.boe.es/boe/dias/2012/06/21/pdfs/BOE-A-2012-8366.pdf].</ref>; antes ''Tapes rhomboides'') é unha especie de molusco [[bivalvo]] mariño pertencente á familia dos [[Venéridos]] (Veneridae), da orde [[Veneroida]].
 
== Morfoloxía ==
Ten unha [[cuncha]] sólida, equivalva pero non equilateral (o umbo está desprazado cara á parte anterior) e perfil ovalado. Presenta liñas de crecemento finas. A charnela posúe tres dentes cardinais en cada valva, algúns bífidos.
 
A cor é típicamente rubia, avermellada, desde tons cremas a rubia castaña, adoito con raias, manchas ou bandas quebradas máis escuras que a cor do fondo.
 
== Hábitat e bioloxía ==
En [[Galicia]] abunda nas [[Rías Baixas]]. Vive enterrada nos fondos de area e grava, desde a franxa infralitoral ata os 200 m de profundidade.
 
== Aproveitamento pesqueiro e comercial ==
Péscase con raños desde a embarcación.
 
Cocíñase e consómese como as outras ameixas, aínda que esta é menos apreciada. A carne endurece se se prolonga a cocción. Tamén se utiliza para [[conserva]].
 
== Notas ==
{{listaref|1}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* DIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PESQUEIRA: ''Guía do consumidor de peixe fresco''. Xunta de Galicia 1999.
* RAMONELL, Rosa: ''Guía dos mariscos de Galicia''. Galaxia, Vigo 1985.
* RÍOS PANISSE, M. Carmen: ''Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces)''. ''Anejo'' 7 (1977) de ''Verba''.
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Bivalvos]]