Vagalume: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 29:
}}
 
Os '''vagalumes''' son unha [[familia (bioloxía)|familia]] de [[coleóptero]]s [[polífago]]s chamados '''lampíridos''' ('''Lampyridae'''), caracterizados pola súa capacidade de emanar luz ([[bioluminescencia]]). Coñécense máis de 2.000 [[especies]] por todo o mundo. Moitas pódense atopar en [[Braña (terreo)|brañabrañas]]s, lameiros, lamazais, illós ou [[gándara]]s, polo xeral nas áreas húmidas e vizosas, onde a súas [[larva]]s teñen unha fonte de alimento abondosa. Son coleópteros de corpo dondo relacionados coas familias Lycidae, Phengodidae e Cantharidae.
 
== Sinonimia galega ==
Os vagalumes teñen en Galicia infinidade de nomes coma: lucecú, bicho do lume, cociñeiro, coco de luz, meiga, vella, vella do caldo, vella dos valados, vella facendo as papas, vella facendo o caldo, vella sen dentes, velliña da cea, verme canteiro, verme carpinteiro, verme da luz, verme de luz, lucerna, luceiro, corcoño, coroceiro, cagalume.
En Portugal coñécense entre outros nomes coma ''pirilampos'' ou ''luzecus'', no Brasil coma ''vaga-lumes''.
Liña 41:
A característica máis distintiva dos lucecús é o seu apareamento ou namoro nocturno, que consiste nunha parola complicada entre os machos e mailas femias. Os machos adoitan facer as beiras cun voo característico mentres emanan secuencias de flashes característicos de cada especie. As femias da mesma especie poden responder con feixes de luz específicos e así o apareamento pode ocorrer.
 
Nas noites cálidas, é posíbel ollar os vagalumes femias a alumar para atraer os machos que voan derredor. Se se senten ameazadas, fechan a luz. Xeran a luz grazas a un órgano especial situado baixo a [[cutícula (artrópodos)|cutícula]] ([[ectodérmico]]), situado na parte inferior do [[abdome]], en intervalos de 6 a 8 segundos. Esta luz prodúcese por un proceso de [[oxidación]] da ''[[luciferina]]'' en presenza do [[enzima]] ''[[luciferasa]]'', que ocorre moi axiña. Este proceso recibe o nome de [[bioluminescencia]] e emite unha luz brillante con pouca elevación da temperatura. Algunhas especies emanan a luz con esquemas definidos de variación nos intervalos e o número de flashes.
 
Algúns días despois da relación, a femia pon os ovos fertilizados por baixo do [[Codia terrestre|chan]]. Os ovos chócanse arredor de 3 ou 4 semanas e saen logo as larvas, que teñen ollos simples. Algunhas fan [[tobo]]s, e outras abéiranse baixo a casca das árbores.
Liña 63:
=== Bibliografía ===
* Branham, M. A., and J. W. Wenzel (2003). The origin of photic behavior and the evolution of sexual communication in fireflies (Coleoptera: Lampyridae). ''Cladistics'' 19: 1-22.
* Vencel, F.V. (n.d.). Familia lampyridae (luciérnagas, candelitas). Extraido el 5 de Abril de 2011 de http://www.inbio.ac.cr/papers/insectoscr/Texto23.html
 
=== Outros artigos ===
* ''[[Pyrophorus]]''
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Coleópteros]]