Pan de Cea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
descrición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 3:
O '''pan de Cea''' é un tipo de [[pan]] con [[denominación de orixe]] que se fai en panadarías do concello de [[San Cristovo de Cea]], na [[provincia de Ourense]]. A característica deste pan é a fariña, elaborada con [[trigo]] da terra. Tamén é moi importante a súa elaboración artesanal. A festa deste pan celébrase no mes de [[xullo]].
 
== Denominación de orixe ==
A denominación de orixe foi recoñecida en [[2004]] e inscrita como [[Indicación Xeográfica Protexida]] en [[2005]]<ref>Orde do 16 de abril de 2004, da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (DOG 23.04.2004); Regulamento (CE) nº 205/2005 da Comisión, do 4 de febreiro de 2005, pola que se inscribe no Rexistro de Denominacións de Orixe Protexidas e de Indicacións Xeográficas Protexidas (DOCE 05.02.2005).</ref>. Amparaba en [[2010]] un total de 18 fornos e unha produción certificada de 355.740,45&nbsp;kg, cun valor de 694.000 euros<ref>[http://www.medioruralemar.xunta.es/fileadmin/arquivos/alimentacion/produtos_calidade/ficha_pancea_10.pdf Pan de Cea]. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia.</ref>. Dende [[1991]], o primeiro domingo de xullo celébrase no Campo da Saleta de Cea a [[Festa do pan de Cea|Festa de Exaltación do Pan de Cea]].
 
== Ingredientes ==
O pan de Cea leva como ingredientes [[fariña]] do país, [[auga]], [[cloruro de sodio|sal]] e [[fermento]].
 
=== Preparación ===
O proceso de preparación do pan ten varias fases segundo a indicación xeográfica e da denominación de orixe<ref>[http://eur-lex.europa.eu/LexUriServ/LexUriServ.do?uri=OJ:C:2004:098:0029:0033:ES:PDF Publicación de una solicitud de registro con arreglo al apartado 2 del artículo 6 del Reglamento(CEE) 2081/92 del Consejo, relativo a la protección de las indicaciones geográficas y de las denominaciones de origen (2004/C 98/09) Diario Oficial de la Unión Europea N CE: ES/00310/20.8.2003]</ref>
* Amasado manual durante un mínimo de 60 minutos, 45 se é a máquina.
* Reposo («Durmi-lo neno») durante uns 45 ou 60 minutos, segundo as condicións ambientais.
Liña 19:
* Rever, as pezas de pan, unha vez sacadas do forno, deben permanecer en maduración, enfriando un mínimo dunha hora en estanterías de madeira.
 
=== Características ===
Os bolos de pan de Cea teñen forma longa e redondeada nos extremos, cuhna fenda transversal enriba.
A forma dos pans ten dúas medidas e formas características:
Liña 28:
É un pan de miga con textura esponxosa, fibrosa e firme. Alveolado non moi abundante, distribuido de forma irregular e de tamaño moi variable, non uniforme. Ten cor apergamiñada, lembra ao gran de trigo enteiro, é de sabor intenso a trigo.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.pandecea.org Páxina web oficial da Indicación Xeográfica]
 
{{Denominacións de Orixe de Galicia}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Denominacións de Orixe de Galicia]]