Béisbol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
luvas
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 36:
Noutras ligas si se permiten bates de aluminio. En calquera caso, nótese que nada se dí de medidas mínimas, co que cada xogador, segundo as súas preferencias ou características de seu pode escoller o bate que mellor lle acaia.
===A luva===
File[[Ficheiro:Baseball glove front back.jpg|miniatura|200px|Anverso e reverso dunha luva normal de béisbol]]
 
Cada xogador do equipo que defende leva unha luva de coiro que permite recoller a pelota. A luva é meirande que a man e leva uns reforzos e acolchados na zona de recepción da pelota, que corresponde coa palma da man. O tamaño permite alcanzar bolas que poderían escaparse cunha luva máis pequena e os reforzos defenden a man dos impactos da bola, que poden chegar a ser moi fortes.
 
Os xogadores visten unha soa luva, na man contraria á dominante, así, un xogador destro levará a luva na man esquerda, para deixar o membro dominante libre para realizar lanzamentos máis potentes e precisos. Nalgúns casos, por exemplo se a bola ven con moita velocidade, poden axudarse coa outra man, colocándoa detrás da man da luva, para facer a recollida.
 
Ademais da luva normal dos xogadores de campo, os xogadores que participan no lanzamento poden levar unhas luvas adaptadas ao seu posto:
* O lanzador pode levar unha luva máis pequena e lixeira ca normal, posto que normalmente só recibe pases das bolas que vai lanzar e poucas veces terá que interceptar unha bola rápida. Ademais, unha luva máis pequena déixao máis libre para centrarse no lanzamento.
* O receptor acostuma a levar unha luva con máis recheo ca normal, que protexe mellor a man posto que vai recibir moitos lanzamentos, osmáis deles con moita velocidade.
 
== Os equipos ==