Guerra de Bosnia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
quito autoría de fotos
Liña 81:
=== Cronoloxía ===
==== 1992 ====
[[Ficheiro:Evstafiev-bosnia-cello.jpg|miniatura|250px|[[Vedran Smailović]] tocando no edificio destruído da Biblioteca Nacional de [[Saraxevo]], en [[1992]]. (Foto de Mikhail Evstafiev).]]
[[Ficheiro:Bombed mosque in Ahmici.jpg|miniatura|250px|Soldados da [[ONU]] observan o [[minarete]] duna [[mesquita]], dinamitado por forzas do [[Consello Croata de Defensa]] durante o [[Masacre de Ahmići]] ([[1993]]). (Imaxe cortesía do [[TPII]]).]]
 
A primeira vítima en Bosnia é outro punto de discordia entre serbios e bosníacos. Os serbios consideran que foi Nikola Gardović, o pai dun noivo que foi morto na procesión dunha voda serbia dous días despois do referendo, o 1 de marzo de 1992, no casco antigo de [[Saraxevo]]. Bosnios e croatas, porén, consideran as primeiras vítimas da guerra, antes da independencia, a uns civís croatas asasinados polo [[JNA]] (despois transformado en [[Exército da República Srpska]] e no [[Exército de Serbia e Montenegro]]), na aldea de [[Ravno]], en setembro de 1991. Os bosníacos tamén consideran a primeira persoa vítima da guerra a [[Suada Dilberović]], que recibiu un disparo durante unha marcha de paz por pistoleiros non identificados o 5 de abril desde un niño de francotiradores serbios no hotel ''Holiday Inn'' de Saraxevo.
Liña 125:
A guerra bosnio-croata terminou oficialmente o [[23 de febreiro]] de [[1994]], cando o comandante do [[HVO]], xeneral Ante Roso e o comandante do Exército bosnio, xeneral Rasim Delić, asinaron un acordo de alto ao fogo en [[Zagreb]]. En marzo de 1994 un acordo de paz mediado polos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] entre os belixerantes croatas (representados pola [[República de Croacia]]) e a [[República de Bosnia-Herzegovina]] asinouse en Washington e Viena (coñecido como [[Acordo de Washington]]). En virtude do acordo, o conxunto dos territorios controlados polos croatas de Bosnia e as forzas do Goberno foi dividida en dez cantóns autónomos, establecidos na [[Federación de Bosnia-Herzegovina]]. Isto puxo fin á guerra entre croatas e bosnios, e reduciu as partes belixerantes a dúas.
[[Ficheiro:Evstafiev-sarajevo-building-burns.jpg|esquerda|miniatura|200px|Edificio do parlamento bosnio en chamas. (Foto de Mikhail Evstafiev).]]
 
A primeira batalla aberta entre croatas e serbios, o [[HVO]] e o [[HOS]] contra o [[VRS]], sucedeu en [[Kupres]], en Herzegovina Occidental. Os serbobosnios e o [[JNA]] contaban cuns 6.000 homes, 3 ou 4 divisións de artillaría, un batallón blindado e o apoio da aviación, contra uns 1.500 bosniocroatas de [[Kupres]]. Os (por aquel entón) pouco armados bosniocroatas perden esta batalla que terá a súa segunda parte en [[1995]] con distinto desenlace.