Igrexa de San Miguel de Eiré: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 21:
 
A ábsida está cuberta por unha bóveda de directriz semicircular que remata cunha bóveda de cascarón. Accédese a esta por un arco triunfal formado en realidade por un dobre arco, o primeiro sobre columnas acodilladas e o segundo sobre semicolumnas acaroadas que se apoian nunha base que se prolonga ao longo de todo o perímetro da ábsida, ao xeito de banco corrido, de que arrancan as súas bases áticas. Analogamente, a moldura sobre a que descansan os arcos prolóngase ao longo de todo o perímetro interior da ábsida. Salientan os capiteis con ornamentación vexetal do arco interior e en concretoo o da esquerda, con extraordinarios calados, moito máis traballados que os do arco exterior, decorados con piñas. Tamén están ornamentados con piñas. Tamén están ornamentados con piñas, nunha composición máis complexa, os capiteis do arco faixón sobre semicolumnas acaroadas que pecha o tramo recto da ábsida.
 
En contraste, as cinco xanelas con arcos de emdio punto da ábsida, dúas nas paredes rectas e tres na parte curva, non presentan ningunha decoración. Porén, a ábsida presenta un estraño elemento ornamental: o baixorrelevo dun cuadrúpede que podería ser un can, que semella camiñar cara á dereita e está esculpido na cantaría correspondente á segunda fila contada dende a base corrida da ábsida, entre as proxeccións da fiestra central e maila da dereita da parte curva, detrás do altar.
 
No centro da bóveda de cascarón cuberta por pinturas renacentistas aparece a figura sedente do Salvador enmarcado nunha simbólica améndoa, coa Virxe á súa dereita e San Xosé ou o Bautista á esquerda, ambos os dous de xeonllos e mirando ao Salvador. Sobre este último aparece un anxo á dereita, sinalándoo e poderíase supor que habería outro á esquerda, aínda que os restos de pintura apenas permiten recoñecer o que podería ser unha man. Esta iconografía desenvólvese sobre unha cenefa inferior que representa o día do Xuízo FInal, cos resucitados saíndo dos seu sepulcros.
 
A fachada oeste, en teoría a principal, presenta unha sinxela porta de arco de medio punto só ornamentada ao interior. A metade de altura, unha segunda porta posibelmente comunicaría o coro alto coas dependencias monasteriais, hoxe desaparecidas.
 
==Galería de imaxes==