Grace Kelly: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Bot: Substitución automática de texto (-actriz de reparto +actriz secundaria)
Liña 7:
En 1949 conseguiu o seu primeiro papel na zona de teatros máis prestixiosa de Nova York. Traballou na televisión, pero decidiu marchar aos [[Os Ánxeles|Ánxeles]] e probar sorte no cine. En [[1951]], aos 22 anos realizou a súa primeira película chamada ''Catorce horas'' cun papel secundario. A súa elegancia e delicada beleza chamaron a atención en Hollywood, de maneira que nos anos seguintes ofrecéuselle un papel principal no wéstern ''Só ante o perigo'', xunto a outra celebridade, [[Gary Cooper]].
 
A súa seguinte película foi ''Mogambo'', xunto a [[Clark Gable]] e [[Ava Gardner]], pola cal foi candidata ao [[Óscar]] como mellor actriz de repartosecundaria. Na súa curta carreira cinematográfica, Grace foi unha das actrices preferidas de Alfred Hitchcock, con que traballou en tres películas máis; ''Crime perfecto'' con [[Ray Milland]], ''[[A ventá indiscreta]]'' con [[James Stewart]], e ''Atrapa a un ladrón'', con [[Cary Grant]]. Esta última feita en Mónaco, onde a actriz coñeceu ao seu futuro esposo, o príncipe Rainiero. Tamén traballou ao lado do Sir [[Alec Guinness]] na película ''O cisne''.
 
En [[1954]], aos 25 anos, gañou un Óscar como mellor actriz principal por ''A angustia de vivir'', levada a cabo por [[Bing Crosby]] e [[William Holden]]. Dise deste Óscar que llelo concederon para facela máis famosa e para beneficiar ao principado. Tamén se di que llo roubou a [[Judy Garland]] porque Grace non era unha boa actriz.