West Side Story (filme de 1961): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m Elisardojm moveu a páxina "West Side Story (filme)" a "West Side Story"
m Bot: Substitución automática de texto (-actor de reparto +actor secundario); cambios estética
Liña 15:
}}
 
'''''West Side Story''''' é un filme musical de 1961 de temática amorosa e dramática, dirixido por [[Robert Wise]] e [[Jerome Robbins]]. A película é unha adaptación do [[West_Side_StoryWest Side Story|musical homónimo]] de 1957, musical inspirado na obra ''[[Romeo e Xulieta]]'' de [[William Shakespeare]].
O filme está protagonizado por [[Natalie Wood]], [[Richard Beymer]], [[Russ Tamblyn]], [[Rita Moreno]] e [[George Chakiris]], e foi estreado o 18 de outubro de 1961.
 
Tanto o público como os crítcos alabaron a cinta, que se converteu na segunda película máis salientable do ano nos [[Estados Unidos]]. Recibiu once nominacións aos [[Oscar]], das que saíu vencedora en dez<ref>[http://www.oscars.org/oscars/ceremonies/1962 Páxina oficial dos premios Oscar de 1961]</ref>, incluíndo a categoría de mellor imaxe, e se converteu no musical máis premiado da historia.
 
== Resumo ==
A acción sitúase nun barrio obreiro de Nova York marcado pola tensión existente entre dúas bandas de adolescentes de distintas etnias: os Jetts, de raza branca, e os Sharks, inmigrantes portoriqueños.
 
Os Jets deciden desafiar ós Sharks no baile que terá lugar no barrio para decidir quen o controla. Nese baile, Tony, amigo dos Jets, aínda que xa non forma parte da banda, e María, irmá do líder dos Sharks, namoran, pero a rivalidade entre as bandas creará moitas dificultades para o destino dos namorados.
 
== Personaxes principais ==
* María, interpretada por [[Natalie Wood]], irmá pequena de Bernardo, comprometida con Chino e namorada de Tony.
* Tony, interpretado por [[Richard Beymer]], cofundador dos Jets xunto co seu amigo Riff e namorado de María. Jimmy Bryant puxo a voz aos temas musicais deste personaxe.
* Riff (Russ Tamblyn), líder dos Jets e mellor amigo de Tony.
* Anita (Rita Moreno), moza de Bernardo e confidente de María.
* Bernardo (George Chakiris), líder dos Sharks e irmá maior de María.
* Doc (Ned Glass), dono da tenda onde traballa Tony. Intenta meter un pouco de sentido nas mentes dos Jets pero nunca o escoitan.
* Madam Lucia (Penny Stanton), dona da tenda de vestidos de noiva onde traballan María e Anita.
 
== Música ==
[[Leonard Bernstein]], quen compuxo a música da obra teatral, quedou descontento coa orquestración da adaptación cinematográfica debido a que empregaba demasiados músicos, cando na versión orixinal bastaba con trinta. Consideraba que, deste xeito, os temas perdían a súa subtileza.
 
O orde de aparición dos temas foi cambiado nalgúns casos da película con respecto á obra orixinal. Tamén algunhas letras foron modificadas, principlamente por motivos de censura; entre elas, as letras “Gee, Officer Krupke", "America" e "Tonight Quintet" foron as máis afectadas.
 
Natalie Wood pregrabou as súas cancións debido ó reto que supuñan para ela algúns dos temas, de forma que logo se buscou a sincronía labial cos seus movementos na pantalla. Porén, finalmente a súa voz foi susbtituída pola de Marni Nixon, quen recibiu dereito sobre apenas o 0.25% dos beneficios xerados polas cancións intrerpretadas coa súa voz.
 
=== Lista de cancións ===
Acto I
# "Overture" – Orquestra
Liña 65:
# "Finale" – Orquestra
 
== Premios ==
* [[Oscar ó mellor filme]] – Robert Wise, produtor.
* [[Oscar ó mellor actor de repartosecundario]] – George Chakiris
* [[Oscar á mellor actriz de reparto]] – Rita Moreno
* [[Óscar á mellor dirección artística]] – Victor A. Gangelin e Boris Leven
* [[Oscar á mellor fotografía]] – Daniel L. Fapp
* [[Oscar ó mellor deseño de vestiario]] (Color) – Irene Sharaff
* [[Oscar ó mellor director]]– Robert Wise e Jerome Robbins
* [[Oscar á mellor montaxe]] – Thomas Stanford
* [[Oscar á mellor banda Sonora]] – Saul Chaplin, Johnny Green, Irwin Kostal, e Sid Ramin
* [[Óscar ó mellor son]] – Fred Hynes e Gordon E. Sawyer
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lista das mellores películas estadounidenses segundo o American Film Institute]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.westsidestory.com/ Páxina oficial] {{en}}
* [http://www.mgm.com/#/our-titles/2130/West-Side-Story Páxina oficial na MGM] {{en}}
* [http://www.imdb.com/title/tt0055614/ Perfil en IMDB] {{en}}
 
[[Categoría:Cine 1961]]