El rey pasmado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Substitución automática de texto (-actor de reparto +actor secundario); cambios estética
Liña 28:
'''''El rey pasmado''''' é unha [[filme|película]] cómica e histórica española de [[1991]] dirixida por [[Imanol Uribe]], baseada na novela de [[Gonzalo Torrente Ballester]] ''[[Crónica del rey pasmado]]''.
 
== Trama ==
{{spoiler}}
A trama está ambientada na corte española de comezos do [[século XVII]]. O rei [[Filipe IV de España|Filipe IV]] ([[Gabino Diego]]), nunha escapada co conde da Peña Andrada, queda abraiado ao contemplar o corpo espido (cunhas calzas vermellas) de Marfisa ([[Laura del Sol]]), unha prostituta da Vila, nunha postura similar á do cadro ''[[Venus do espello]]''. O rei entón desexa contemplar o corpo espido da súa muller, a raíña [[Isabel de Borbón]] ([[Anne Roussel]]).
Liña 36:
Paralelamente, o [[Conde-Duque de Olivares]] ([[Javier Gurruchaga]]) teme estar sendo castigado por [[Deus]] xa que non logra ter descendencia coa súa muller, polo que pide consello a Villaescusa, quen o informa de que a culpa da esterilidade a ten o pracer que el e mais a súa esposa obteñen á hora de realizar o acto sexual. A solución, de "inspiración divina" proposta por Villaescusa consiste en que o conde e a súa muller copulen no coro da igrexa de San Plácido (moi preto de onde se encontran os reis) diante das [[monxa]]s do coro. Á saída deste encontro sexual o Conde-Duque de Olivares recibe senllos correos onde o informan da chegada da [[Frota de Indias]] a [[Cádiz]] con todo o cargamento e a vitoria das tropas españolas na [[Guerra dos Oitenta Anos]]. Villaescusa quere facer ver que o feliz desenlace se debe aos sacrificios polos que pasaron, pero o Conde-Duque replícalle que pola data das cartas se ve que a frota chegara a Cádiz dous días atrás, xusto cando o rei fora coa prostituta. O Conde-Duque envía a Villaescusa a Roma cunha carta lacrada onde se pide que non o deixen marchar até que mude a súa actitude.
 
== Actores ==
* [[Gabino Diego]] ([[Filipe IV de España|Filipe IV]])
* [[Anne Roussel]] ([[Isabel de Borbón]])
Liña 54:
* [[José Soriano]] (Rivadesella)
 
== Características ==
A película ten unha ambientación ben documentada. Foi rodada no Palacio do Marqués de Santa Cruz en [[Viso del Marqués]] (Cidade Real) e no [[Mosteiro de Uclés]] (Cuenca). Do vestiario encargouse [[Javier Artiñano]], e a banda sonora compúxoa [[José Nieto]].
 
== Premios ==
[[VI edición dos Premios Goya]]
{| class=wikitable
Liña 71:
|[[Premio Goya á mellor interpretación feminina de reparto|Mellor actriz de reparto]]||[[María Barranco]]||style="background: #ffdddd"|Nomeada
|-
|rowspan=2|[[Premio Goya á mellor interpretación masculina de reparto|Mellor actor de repartosecundario]]||[[Juan Diego]]||style="background: #ddffdd"|Gañador
|-
|[[Javier Gurruchaga]]||style="background: #ffdddd"|Nomeado
Liña 94:
 
Outros
* [[Festival de Cine de Peñíscola]] - Mellor Guion (Joan Potau e Gonzalo Torrente Malvido)
* Premio ACE (Nova York) - Mellor Director (Imanol Uribe), Mellor Actor de Reparto (Juan Diego)
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.gonzalotorrenteballester.es Página oficial de Gonzalo Torrente Ballester]
* [http://web.archive.org/web/20070928013838/http://www.decine21.com/FrmPeliculas.asp?id=3455 El rey pasmado en De Cine 21]