Johann Sebastian Bach: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 410:
=== Estudos recentes ===
[[Ficheiro:Fotothek df roe-neg 0002801 001 Podium und Publikum der Bachfeier.jpg|miniatura|Conmemoracións en Berlín do bicentenario de súa morte, [[1950]].]]
O bicentenario da súa morte en 1950 estimulou unha renovada onda de estudos críticos. Entre as publicacións que apareceron este ano debe destacarse o primeiro catálogo temático da súa obra completa, o ''[[Bach-Werke-Verzeichnis]]'', froito do esforzo de [[Wolfgang Schmieder]], de onde deriva a abreviatura "BWV" máis un número, que identifican todas as composicións de Bach. Outra iniciativa da maior importancia foi a decisión do Instituto Bach de [[GöttingenGotinga]], xunto cos Arquivos Bach de Leipzig, de realizar outra edición crítica das súas obras completas, a ''Neue Ausgabe sämtlicher Werke'', considerando que a edición antiga xa non satisfacía os criterios académicos máis recentes, e tendo como meta presentar todas as súas composicións en todas as versións e revisións auténticas dispoñibles.<ref>{{Cita Harvard|Geiringer|1966|sp=si|pp=432-433}}</ref> Unha década máis tarde [[Alfred Dürr]] e [[Georg von Dadelsen]] presentaron unha nova cronoloxía das súas cantatas de Leipzig, exercendo un impacto revolucionario na compresión da súa evolución estética, e nos anos seguintes ata a actualidade, unha enorme cantidade de novo material analítico está a ser producida sobre o Kantor de Santo Tomás, moitas veces revisando propostas consagradas e derrubando antigos mitos. Os novos achados e conclusións aumentan constantemente, a tarefa de escribir sobre Bach nos nosos días é, como di Boyd, aínda máis formidable do que era en [[1900]] e mesmo en [[1980]].<ref>{{Cita Harvard|Boyd|2006|sp=si|texto=capítulos IX-X}}</ref> É interesante sinalar, como pensa Geck, que as tentativas de desmontar os mitos que se engadiron ao redor da súa figura poden aclarar algunhas cousas na súa vida e carreira, mais por outra banda poden non facerlle verdadeira xustiza, xa que é exactamente aos mitos ao que se debe boa parte da súa forza histórica e da súa supervivencia máis aló do seu tempo.<ref>{{Cita Harvard|Geck|2006|sp=si|pp=17-18}}</ref>
 
De calquera xeito, a posición de Bach como unha das máis brillantes luminarias da música occidental parece definitivamente asegurada, a súa produción é unha das bases do actual repertorio de concertos, e para moitos críticos el é o maior compositor de todos os tempos. A lista de compositores notables ao longo dos séculos XIX e XX que demostraron ter recibido a súa influencia é impresionante, incluíndo mestres que á súa vez foron de inmensa importancia e estaban aliñados en estéticas moi afastadas dos principios barrocos.<ref name="Britannica"/><ref name="Orledge"/><ref name="Geiringer, p. 342-343">{{Cita Harvard|Geiringer|1966|sp=si|pp=342-343}}</ref> Amais dos xa mencionados Beethoven, Haydn, Mozart, Mendelssohn, Schumann, Wagner e Brahms, poden citarse a: [[Chopin]],<ref>{{Cita libro|apelidos=Niecks|nome=Frederick|título=Frederick Chopin as a Man and Musician: Vol. 1|lingua=en|isbn=9781606209622|páxina=196}}</ref> [[Franz Liszt|Liszt]], [[Mahler]],<ref>{{Cita libro|url=http://books.google.com/books?id=phA_wsZe9vwC&pg=PA182|apelidos=Frisch|nome=Walter|páxinas=173, 182|lingua=en|título=German Modernism: Music and the Arts|editorial=University of California Press|ano=2005|isbn=9780520243019}}</ref> [[Max Reger|Reger]], [[Saint-Saëns]], [[Busoni]], [[Debussy]], [[Maurice Ravel|Ravel]], [[Gabriel Fauré|Fauré]], [[Alfredo Casella|Casella]], [[Arnold Schönberg|Schönberg]], [[Alban Berg|Berg]], [[Hindemith]], [[Gian Francesco Malipiero|Malipiero]], [[Ottorino Respighi|Respighi]], [[César Franck|Franck]], [[Honegger]], [[Elgar]], [[William Walton|Walton]], [[Britten]], [[Aaron Copland|Copland]], [[Roy Harris|Harris]], [[Walter Piston|Piston]]<ref name="Orledge"/><ref name="Geiringer, p. 342-343"/> [[Villa-Lobos]], [[Steve Reich|Reich]]<ref>{{Cita publicación periódica|url=http://books.google.com/books?id=8yoEAAAAMBAJ&pg=PA49|título=CMJ New Music Monthly|data=Maio de 1999|ano=1999|número=69|ISSN=1074-6978|editorial=CMJ Network, Inc.|lingua=en|páxina=49}}</ref> e [[Louis Andriessen|Andriessen]].<ref>{{Cita libro|páxina=37|nome1=Louis|apelidos1=Andriessen|nome2=Maja|apelidos2=Trochimczyk|título=The Music of Louis Andriessen|lingua=en|editorial=Routledge|ano=2002|isbn=9780815337898}}</ref>