Pene: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 18:
 
=== Anatomía ===
O [[aparato reprodutor masculino|aparato xenital masculino]] consta dun órgano par, o [[testículo]], no que se producen os [[espermatozoide]]s, e dunha longa serie de vías que transportan os espermatozoides por medio do [[Seme|líquido espermático]] dende o testículo ata o meato, situado no extremo do pene. Os testículos, en número de dous, alóxanse en sendas bolsas cutáneas exteriores ao abdome, chamadas [[escroto]]s. Deles parten os [[conduto deferente|condutos deferentes]], que finalizan ao unirse ao conduto excretor das [[vesícula seminal|vesículas seminais]] para constituíren o conduto exaculador. Dito conduto exaculador desemboca na [[uretra]] ao atravesaren a [[próstata]]. A uretra transporta o líquido espermático e a [[urina]] ata o extremo do pene, onde son expulsados ao exterior.<ref>{{cita libro| autor =JACOB, S.| título url=[http://books.google.com/books?id=s1QwAnFVpfQC&printsec=frontcover&hl=es&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false |título=Atlas de anatomía humana]| ano =2002| publicación =Elsevier España| id = ISBN 84-8174-653-3}} {{es}}</ref>
 
O pene consta dun segmento cilindroideo ou parte libre, que está pendurado por diante das bolsas do escroto, e dunha raíz suxeita ás [[rama isquiopubiana|ramas isquiopubianas]] e ao [[perineo]]. Estruturalmente o armazón fundamental do pene está constituído polos seus tres corpos eréctiles: dous corpos cavernosos e un corpo esponxoso.
 
Cada un dos corpos cavernosos é unha formación cilíndrica afiada polos seus extremos. Na parte libre do pene os corpos cavernosos discorren xuntos polo seu dorso ata que, ao chegaren á raíz, diverxen, aplicándose cada un deles á correspondente rama isquiopubiana, á cal quedan suxeitos polo correspondente [[músculo isquio-cavernoso]]. O corpo esponxoso é un longo cilindro cuxa metade anterior se incorpora á parte libre do pene, onde queda en posición ventral e entre os dous corpos cavernosos, mentres que a metade posterior se dispón ao longo da liña media do perineo anterior. O seu extremo posterior constitúe o bulbo esponxoso. No extremo contrario, o corpo esponxoso expándese en sentido dorso-lateral para constituír a [[glande]] ou bálano, de forma sensiblemente cónica en cuxo vértice se atopa o meato. A glande presenta unha falla ventral en forma de escote angular.<ref name="santosgutierrez">{{cita libro| autor =SANTOS GUTIÉRREZ, L.| título url=[http://books.google.com/books?id=FFFh9IVj1R4C&printsec=frontcover&hl=es&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false |título=Síntesis de anatomía humana] | ano =1998| publicación =Universidad de Salamanca | id = ISBN 84-7481-879-6}} {{es}}</ref>
 
O corpo esponxoso está percorrido en toda a súa lonxitude pola [[uretra peneana]], que desemboca no meato. A uretra presenta dúas dilatacións: unha anterior (a fosa navicular), próxima ao meato, e outra posterior (a fosa bulbar), próxima ao bulbo. A parte libre do pene está cuberto por unha [[pel]] moi fina e elástica que no seu extremo anterior, no canto de fixarse no contorno do meato urinario, se invaxina continuándose cunha folla mucosa ata rematar xusto por debaixo da coroa da glande. Esta vaina así constituída chámase [[prepucio]]. Un freo tamén elástico liga o devandito escote da glande co punto ventral do anel prepucial. En condicións normais o anel prepucial é o bastante grande para permitir que a glande se exteriorice cando a pel do pene é retraída cara a raíz do membro, como acontece durante a [[erección]]. A estreitura do prepucio é coñecida como estenose prepucial ou [[fimose]]. A cuberta do pene inclúe, como no escroto, un estrato [[músculo liso|muscular liso]], chamado [[dartos]]. Cubrindo este estrato hai unha capa de tecido celular subcutáneo extraordinariamente laxo que permite o deslizamento da pel sobre a [[fascia penis]], vaina fibrosa que envolve o complexo antes descrito dos corpos eréctiles. Sobre a fascia penis corre a [[vea]] dorsal superficial, que recolle o sangue cutáneo, e en posición lateral, as dúas [[arteria]]s dorsais, mentres que a vea dorsal profunda vai en posición subfascial. Por dentro de cada un dos corpos cavernosos discorre a correspondente arteria cavernosa, que deriva da [[arteria pudenda interna]].<ref name="santosgutierrez"/>
 
O pene humano carece de [[baculum]], un [[óso]] que se encontra no pene de moitas especies de [[mamífero]]s e cuxa función é a de facer posíbel a erección. O pene humano, a diferenza dos de outros primates, pendura fora da cavidade abdominal, e con iso exponse a posibles lesións. Entra dentro do posible que os nosos antepasados tivesen baculum, como tantos outros mamíferos actuais, e que o perdesen xunto co pregadura da pel abdominal que o cubría. Porén non se coñecen fósiles de ósos do pene entre os antepasados do home moderno e esta posibilidade faise indemostrable.<ref>{{cita libro| autor =MARGULIS, L.; SAGAN, D.| título url=[http://books.google.com/books?id=CLX7f28qVQ8C&printsec=frontcover&hl=es&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false |título=Danza misteriosa]| ano =1992| publicación =Editorial Kairós| id = ISBN 84-7245-254-9}} {{es}}</ref>
 
A seguinte táboa reflicte as diferenzas anatómicas entre mamíferos domésticos no que se refire ao aparato reprodutor masculino:<ref>{{cita libro| autor =CUNNINGHAM, J.G.| título url=[http://books.google.es/books?id=jF8ZVxjas8MC&printsec=frontcover&hl=en&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false |título=Fisiología veterinaria]| ano =2003| publicación =Elsevier España| id = ISBN 84-8174-659-2}} {{es}}</ref>
 
{| class="wikitable"