Pene: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m {{Protexido|tipo=semi}}
Sen resumo de edición
Liña 116:
 
=== Psicanálise ===
Para a teoría [[Psicanálise|psicanalítica]] o pene constitúe un obxecto libidinal durante o estadio prexenital do desenvolvemento psicosexual. [[Sigmund Freud|Freud]] considera que os chamados ''obxectos parciais'', entre eles o pene, son os que confiren a súa condición sexuada á persoa que os posúe.<ref>{{cita libro| autor =DORON, R; PAROT, F.| título url=[http://books.google.com/books?id=UKWPwux2JtYC&printsec=frontcover&hl=es&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false |título=Diccionario Akal de Psicología]| ano =2004| publicacióneditorial =[[Ediciones AKALAkal]] | id = ISBN 84-460-1258-8}} {{es}}</ref> Nos primeiros anos da vida a esixencia libidinal vai aparecendo en distintos órganos, o que vai marcando fases sucesivas, das cales a fase fálica, centrada no pene, é a de culminación da sexualidade infantil. A fase [[Complexo de Edipo|edípica]] posterior aparece cando o [[neno]] se decata de que a nena non ten pene e de que o seu desexo de posuír á súa [[nai]] supón para el o risco de perder o seu propio pene, no que se denomina ''complexo de castración''.<ref>{{cita libro| autor =GARCÍA VEGA, L.| título url=[http://books.google.com/books?id=ehEEp8IYqqsC&printsec=frontcover&hl=es&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false |título=Breve historia de la psicología]| ano =2007| publicación =[[Siglo XXI de España Editores]]| id = ISBN 84-323-1294-0}} {{es}}</ref>
 
O analista [[Carl Gustav Jung|junguiano]] Robert M. Stein mostra a diferenza entre o pene como órgano e Falo, o deus que personifica o tipo especial de enerxía impulsiva e explosiva á que os homes son especialmente susceptibles. Dende esta perspectiva, a atención do home á súa potencia fálica, tendente á penetración como exploración, vai en detrimento da vertente afectiva da súa alma, que percibe a penetración como fusión.<ref>{{cita libro| autor =DOWNING, C.| título url=[http://books.google.com/books?id=Pxe7wb2riaAC&printsec=frontcover&dq=Espejos+del+yo&hl=es&ei=3OJZTKWdK-OTsQap9ej8Cw&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=1&ved=0CC0Q6AEwAA#v=onepage&q&f=false |título=Espejos del yo] | ano =1994| publicación =Editorial Kairós| id = ISBN 84-7245-267-0}} {{es}}</ref>
 
=== Relixión e superstición ===
[[Ficheiro:0007MAN-Herma.jpg|miniatura|100px|dereita|[[Hermes]], en [[Siphnos]].]]
 
Ao longo da historia practicamente todas as relixións empregaron o falo como símbolo de fecundidade, moitas veces herdado de substratos mitolóxicos anteriores aos que se lles daba un tratamento asimilador á nova fe.
 
No imperio exipcio atopáronse exvotos con forma fálica a Hathor, divindade asociada ao sexo e á fertilidade.<ref>{{cita libro| autor =REDFORD, D.B.| título url=[http://books.google.es/books?id=8nI2y9czkkkC&printsec=frontcover&hl=en&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false |título=Hablan los dioses. Diccionario de la Religión Egipcia] | ano =2008| publicación =Editorial Critica| id = ISBN 84-7423-743-2}} {{es}}</ref> Na antiga Grecia celebrábanse festas en honor de Baco, nas que se consumían pasteis en forma de falo e tortas con forma de embigo. As bacantes executaban danzas lascivas e místicas. O culto ao falo foi introducido na Etruria por sacerdotes gregos baixo o nome de Baco e Liber, e nel levábanse a cabo tamén cerimonias de desfloración e de cura da infertilidade.<ref name=morali/>
 
Entre os indios as representacións do falo atópanse sobre os muros dos templos. En ocasións era levado como ornamento ou como amuleto, era obxecto de veneración e posuía virtudes medicinais.<ref name=morali>{{cita libro| autor =MORALI-DANINOS, A.| título url=[http://books.google.es/books?id=jyXYlymfX9AC&printsec=frontcover&hl=en&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false |título=Historia de las relaciones sexuales.] | ano =1992| publicación =Publicaciones Cruz O. | id = ISBN 968-20-0180-3}} {{es}}</ref>
 
Nas representacións de Cristo da Idade Media o pano que cobre o corpo espido insinúa cos seus pregos a forma do falo, recreando a erección que a crenza popular atribúe aos estertores da morte. Noutros casos a forma do corpo crucificado traspón sobre o ventre unha erección vertical. Antes da revolución francesa en moitas igrexas había representacións de falos sobre as portadas e cuxa presencia se considera herdanza de tradicións pagás, tales como a de Hermes, Fascinus etc.<ref name=sanchez>{{cita libro| autor =SÁNCHEZ, J.A. | título url=[http://books.google.es/books?id=l6LNxKTkfr4C&printsec=frontcover&hl=en&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false |título=Situaciones: un proyecto multidisciplinar en Cuenca] | ano =2003| publicación =Universidad de Castilla La Mancha | id = ISBN 84-8427-265-6}} {{es}}</ref>
 
=== Sociedade ===
Mentres que se acepta comunmente que existen diferenzas físicas entre as [[raza]]s, as diferenzas no tamaño do pene foi un [[tabú]] porque podía facerse unha lectura que implicase que unha raza é "superior" ou "inferior" a outra. O intelectual [[Franz Fanon]] cobre este tema en ''Black Skin, White Mask'' (''Pel negra, máscara branca'', [[1952]]), onde se inclina cara á opinión de que a suposta correlación positiva entre os penes grandes e a ascendencia africana é un mito. Por outro lado, un estudo estatístico ''Race, Evolution, and Behavior: A Life History Perspective'' (''Raza, Evolución, e Comportamento: Unha Perspectiva da Historia da Vida'', [[1995]]), defende a opinión oposta. As cuestións culturais implicadas na relación entre o tamaño do pene e a raza son complexas. Por exemplo, na [[historia dos Estados Unidos|historia estadounidense]], os [[escravitude|escravos africanos]] foron percibidos a miúdo como animais sexuais, segundo o ilustrado polo personaxe principal da novela ''Invisible Man'' de [[Ralph Ellison]].
 
O que semella unha constante cultural é a implicación dos xenitais nas cerimonias de iniciación que dan fin á infancia, é dicir, que marcan o paso dunha sexualidade edípica a unha sexualidade obxectal. No caso do home son especialmente significativas a [[circuncisión]], a subincisión e a [[ablación (medicina)|ablación]] testicular ou monorquidia. A circuncisión, consistente na eliminación do prepucio, ten unha difusión case universal e está vinculada por moitos autores á castración. Coa práctica da subincisión, que consiste na apertura de parte ou toda a uretra peneana mediante un corte na superficie inferior do pene, os xenitais masculinos feminízanse, ao obrigaren ao home a ouriñar agachado. A subincisión está moito menos difundida que a circuncisión, normalmente sucédea cunha diferenza dun par de anos.<ref>{{cita libro| autor =AGUIRRE BAZTÁN, Á.| título url=[http://books.google.com/books?id=ENVMNZgyxQIC&printsec=frontcover&hl=es&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false |título=Psicología de la adolescencia] | ano =1994| publicación =Marcombo| id = ISBN 84-267-0971-0}} {{es}}</ref>
 
== Notas ==