Coitelo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
m Banjo moveu a páxina "Coitelo do pan" a "Coitelo"
Liña 1:
{{Mover ao Galizionario}}
{{Sen referencias|data=marzo de 2010}}
[[Ficheiro:Chef's Knife.jpg|miniatura|275px|dereita|Coitelo de cociñeiro.]]
O '''coitelo''' é unha [[ferramenta]] usada para cortar materiais. Consta dunha folla, normalmente metálica, e frecuentemente acabada en punta, cun ou dous lados afiados, e dun [[mango]]. Empregouse como utensilio de [[cociña]] e como arma desde a [[Idade de Pedra]].
 
Os primeiros coitelos foron de [[pedra]], os posteriores avances en [[metalurxia]] foron dando lugar a coitelos de [[bronce]], [[ferro]] e finalmente [[aceiro]]. Xunto co [[garfo]] e a [[culler]], forma parte dos utensilios utilizados para comer en [[occidente]] desde hai moito tempo.{{Cómpre referencia|data=marzo de 2010}}
 
Actualmente úsanse sobre todo na [[cociña]], e a súa importancia como [[arma]] vai decaendo.
[[Ficheiro:Paring Knife.jpg|miniatura|275px|Coitelo de todo uso.]]
== Uso na cociña ==
Na cociña empréganse diversos tipos de coitelos para distintas funcións:
* O pataqueiro. De folla curta (menos de 10 [[centímetro|cm]]) e xeralmente curva como o da imaxe. Úsase para pelar e cortar verduras sobre todo.
* O de todo-uso.
* O do [[pan]]. Con folla longa e gume de serra.
* O de chef. De folla longa e curvada, serve tanto para cortar como para picar.
* O xamoneiro. De folla longa e fina e moi flexíbel, serve para obter finas tiras de [[xamón]] ou doutros friames.
 
A forma da folla ven determinada polo uso ao que se dedique. Para carne, pan, desosar, peixe ...
[[Ficheiro:Navalla147eue.jpg|miniatura|100px|Navalla.]]
 
=== Coitelo do pan ===
[[Ficheiro:Broodmes.jpg|miniatura|Coitelo do pan.]]
O coitelo'''Coitelo do pan''' trátase dun [[coitelo]] empregado para cortar o [[pan]] e que posúe certas características especiais, a principal é o seu fío en serra de grandes dentes que permite desgarrar as fibras do pan doadamente. Non ten unha posición fixa na mesa e xeralmente atópase preto da fonte de pan. É un coitelo de grandes dimensións que pode chegar a medir uns 30 cm de lonxitude.
 
== Usos ==
Aparece na mesa dos comensais para que estes curten o pan, considérase de todos os xeitos unha ferramenta informal de comidas de moita xente, familiares, ou mesmo [[almorzo]]s nas que cada persoa cúrtase a súa propia rebanda co grosor que desexe. Nas comidas formais o pan adoita cortarse coa man ou na súa falta sérvese en rebandas xa cortadas previamente. Emprégase este coitelo tamén frecuentemente na [[cociña]] para elaborar rebandas de pan coas que facer: tostas, [[torrada]]s, [[torrija]]s, [[sándwich]]s etc. ou cortar a [[empanada]] en anacos.
 
== Véxase tamén ==
=== Coitelo de mesa ===
[[Ficheiro:Dish and Knife.jpg|300px|miniatura|''Coitelo de mesa'' sobre un [[prato (utensilio)|prato]]]]
O coitelo de mesa trátase dun [[coitelo]] empregado xeralmente para cortar [[alimento]]s na mesa. Existen formas diferentes segundo o que vaia cortar e adoitan ser de igual lonxitude cá [[culler]] e mailo [[garfo]]. Os fíos adoitan ser dentados ou perlados debido á maior retención destes fronte aos fíos lisos, xa que o seu uso mantenos en constante rozamento contra os pratos de louza e isto provoca unha perdida de fío a curto prazo. Adoitan estar elaborados en [[aceiro inoxidable]] aínda que na antigüidade empregábase o [[aceiro ao carbono]].
 
Existen algunhas regras acerca da colocación do coitelo na mesa con respecto a outros elementos da [[cubertería]]. A posición pódese fixar coas seguintes consideracións:
 
* O coitelo sempre se colóca á dereita do [[prato (utensilio)|prato]].
* O coitelo colócase co fío cara ao prato.
* O coitelo sempre, no caso de servirse [[sopa]], xunto á [[culler]].
 
===Coitelo de peixe===
[[Ficheiro:Fischvorlegebesteck.jpg|300px|miniatura|Parte dunha [[cubertería]] do [[século XIX]] na que se pode ver na súa parte superior un coitelo de peixe.]]
O coitelo de peixe forma parte da [[cubertería]] básica dunha mesa [[occidente|occidental]], denomínase [[coitelo]] mais debido á súa ausencia de fío e á súa forma, en realidade é unha especie de [[paleta]] (por esta razón denomínase ás veces tamén '''paleta de peixe'''). Emprégase xeralmente durante a comida para axudar ao comensal a separar as [[espiña (botánica)|espiñas]] e diferentes partes do [[peixe]] (en ningún caso se emprega para cortar).
 
Na mesa atoparase sempre colocado á dereita do [[Prato (utensilio)|prato]] (xunto cos outros coitelos), se houbese [[culler]]s neste caso poríase na parte interior do grupo da dereita, ficando as culleres no exterior (regra: de fóra para dentro).
 
===Coitelo de untar===
[[Ficheiro:4Butter01.jpg|miniatura|Catro coitelos de untar [[manteiga]] con patróns Chantilly (elaborados en [[Gorham Manufacturing Company]].]]
[[Ficheiro:lypsa_mantequero_kara.jpg|miniatura|Espátula para manteiga modelo Karat elaborado pola firma LYPSA.]]
O coitelo de untar trátase máis dunha ferramenta para extraer e espallar que dun [[coitelo]]. A denominación deste coitelo emprégase frecuentemente tamén como '''coitelo de manteiga''' debido ao seu uso na mesa cando se desexa untar [[manteiga]] nunha [[torrada]] ou outro [[alimento]] (como pode ser a [[marmelada]], o [[paté]], [[marmite]] etc) a denominación xenérica de coitelo de untar refírese ao mesmo uso con alimentos en forma de pasta ou lixeiramente viscosos.
 
Trátase dun coitelo que carece de fío e que posúe por regra xeral unha punta roma ou redondeada, a folla adoita ser de máis superficie cá dun coitelo normal. O tamaño réxese por regra xeral á substancia que se empregará para untar, por regra xeral o coitelos de [[paté]] adoitan ser máis pequenos cós de [[manteiga]].
 
Este tipo de [[cuberto]] adoita colocarse xunto á fonte que proporciona o alimento para untar: [[manteiga]], [[paté]], [[caviar]] etc. adoita estar colocado sobre algún [[prato]] ou [[pano de mesa]] adxacente á fonte, nunca debe repousar sobre o mantel da mesa, xa que é un coitelo propenso a manchar debido ao seu uso.
 
===Coitelo de carne===
O coitelo de carne é un [[coitelo]] que se pon na mesa como parte da [[cubertería]] específica para cortar [[carne]]s. Considérase un coitelo bastante máis afiado có [[coitelo de mesa]] habitual. Ten por regra xeral unha punta afiada e nalgunhas ocasións a súa parte afiada ten dentes de serra (''coitelo de filete'').
 
Na [[idade media]] o coitelo de carne non existía na cubertería xa que se consideraba que cada comensal levaba consigo en todo momento un coitelo de seu no cinto, e durante a comida era posto na mesa. Só se colocaba a [[culler]] para as [[sopa]] ou [[cocido]]s. Non foi até o [[século XVII]] no que se consideraba un xesto de cortesía do anfitrión ofrecer un coitelo aos invitados.
 
===Coitelo de queixo===
[[Ficheiro:Käsemesser.jpg|miniatura|60px|Coitelo para queixos brandos.]]
O coitelo de queixo é un instrumento empregado na mesa para cortar rebandas ou anaquiños de [[queixo]]. Existen diversos tipos de [[coitelo]]s de queixo, todos eles dependen do tipo de queixo que se desexe cortar. Por regra xeral, depende da textura do queixo:
*os duros requiren de coitelos de folla chá sendo meirandes e con parte afiada en serra
*os máis tenros empregan coitelos de folla perforada para evitar que se peguen os anacos cortados na mesma folla.
 
Por regra xeral aconséllase que o coitelo de queixo estea a unha temperatura tépeda cando se vaia usar, deste xeito cumpre mellor co seu labor.
 
Nalgúns casos existen [[rebandador de queixo|rebandadores]] específicos para certos queixos, coma os do norte de [[Europa]] (Países Baixos, Alemaña, Dinamarca,...). Algúns queixos de textura dura como o [[parmesano]] non se curtan e procúranse servir "astillados", por esta razón os coitelos destes queixos son case como [[punzón|punzóns]] que buscan unha veta pola que abrir unha rebanda.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[EspadaCubertería]]
* [[Machete]]
* [[Xogo de cubertos]]
 
[[Categoría:Utensilios de cociña]]
[[Categoría:Armas brancas]]