Plateresco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 23:
== Características ==
==== Plateresco español ====
Foron típicas as fachadas-[[retablo]], realizadas como se de coidadosas obras de [[ourivaría]] se tratase, prolificamente decoradas. A decoración, se ben obtivo diversas inspiracións, foi fundamentalmente vexetal, aínda que tamén tivo profusión de medallóns, elementos heráldicos e figuracións animais, entre outros. Prodúcese tamén unha riqueza nos materiais: chapras douradas en [[cristaría]]s e coroamentos, vasos etc. Ao concluír o primeiro terzo do [[século XVI]] olláronse maiores [[policromía]]s e aparecen cristarías de base histórica e as [[balaustrada]]s, ademais dunha decoración máis prolixa.<ref>Quesada Marco, Sebastián; ''Diccionario de civilización y cultura españolas'', p. 64. [[Ed. Akal]] ([[1997]]). ISBN 978-84-7090-305-2.</ref>
 
A extensión da decoración por todas as superficies arquitectónicas redunda na creación de novas superficies e subespazos, fundamentalmente decorativos do lugar onde se achan, que á súa vez se ornamentan profusamente, tales como [[fornela]]s, [[nicho]]s e [[edícula]]s.<ref name="avila">Ávila, Ana; ''Imágenes y símbolos en la arquitectura pintada española (1470-1560)'', pp 80-83. Ed. Anthropos ([[1993]]). ISBN 978-84-7658-417-0.</ref>