Corán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 85.119.199.5 (conversa); cambiado á última versión feita por 88.15.247.205
Liña 21:
Segundo unha tradición posterior, a primeira compilación do Corán nun volume único realizouna [[Zayd ibn Thabit]] en tempos do primeiro [[califa]], [[Abu Bakr]]. Zayd ibn Thabit "recolleu o Corán de varios pergamiños e anacos de óso e dos peitos (ou sexa, as recordacións) dos homes". Esta copia gardaríase na casa de [[Hafsa bint Umar]] pero non está claro se era unha versión completa nin se tiña carácter oficial<ref>Jane Dammen McAuliffe ( 2006) ''The Cambridge Companion to the Qu'ran'' Cambridge:Cambridge University Press, p. 31</ref>.
 
Durante o califato de [[Uthman ibn Affan]] tivo lugar unha disputa sobre o uso de varios dialectos ([[ahruf]]) no recitado do Corán. Tamén causaron preocupación as diverxencias que se producían nos recitados da revelación, especialmente entre os novos musulmáns. Como resposta, arredor de [[650]] Uthman decidiu codificar e estandarizar o texto. Segundo algunhas tradicións islámicas, Uthman encargoulle a un comité no que participaron Zayd e varios membros destacados de Quraysh a redacción do texto padrón, baseado nunha compilación que estaba en poder de Hafsa.
 
Ao rematar, Uthman enviou copias a varios recantos do Imperio islámico e ordenou a destrución de todas as copias non coincidentes. Varios manuscritos, entre eles o [[manuscrito de Samarkanda]], pretenden ser unha desas copias orixinais, o cal é discutido. De entre os manuscritos descubertos recentemente en [[Sanaa]], parece que tres polo menos datan de antes do ano 50 da [[héxira]]. Os restos de inscricións dátanse de algo máis tarde: arredor do ano 50.