Relixión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 33:
=== Definición en clave antropolóxica ===
Segundo Anthony F. C. Wallace<ref name=kottak/> e Olivier Herrenschmidt,
<ref name=bonte>BONTE, Pierre e IZARD, Michel, Diccionario AKAL de Etnología y Antropología, [[Akal]], Madrid, 2008.</ref> a relixión é unha actividade social que pon de manifesto a existencia de crenzas en seres ou realidades sobrenaturais, esta actividade declárase mediante prácticas rituais que teñen como obxectivo establecer relacións entre os participantes e aquelas forzas sacras. As crenzas teñen como obxecto da súa fe potencias ou seres divinos e trascendentes, e as prácticas rituais que substantiven esta relación son radicalmente diferentes outros comportamentos sociais: son estritamente formais (estilizadas, repetitivas e estereotipadas), e a diferenza dunha representación, os participantes tómano coa plena seriedade de ter a crenza de estar a facer algo representativo.<ref name=kottak>KOTTAK, Conrad Philippe, Antropoloxía Cultural, McGraw Hill, Madrid, 2006.</ref>
 
Bronislaw Malinowski<ref name=malinowski>MALINOWSKI, Bronislaw, Maxia Ciencia e Relixión, Planeta Agostini, Barcelona, 1985.</ref> advirte que fai falla non confundir a relixión coa [[maxia]]. Dende a cultura do home primitivo, relixión e maxia xa tiñan funcións diferentes: a maxia é práctica, técnica, de crenza sinxela, primordial, medio por un fin, en mans de especialistas con escuras iniciacións e con resultados inmediatos, mentres que a relixión non amosa unha utilidade directa nin se aprehèn con esconxuros, o mundo sobrenatural a que fai referencia é complexo e integra a vida futura nunha cosmogonía teleolóxica, é un fin moral en si, é un asunto de todos e se concelebra en comunidade e a súa función última apunta a establecer, fixar e intensificar actitudes que cohesionen á sociedade.<ref name=malinowski/> Igualmente propoñen de fuxir de certas trampas que unha visión euro ou cristián-céntrica pode parar, rexeitando asignar á relixión ideas por exemplo: só os homes, e non os animais, teñen alma; existe unha separación absoluta entre aquilo profano e aquilo sacro; o [[monoteísmo]] é o modelo ou meta, sendo o [[politeísmo]] residual; e afastarse, finalmente, dunha certa fenomenoloxía da relixión, que pretende que as relixións non son senón o fenómeno dunha esencia incognoscible.<ref name=bonte/>