Pazo de Castrelos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 16:
A orixe remóntase ao antigo '''Pazo da Lavandeira''', construción levantada cara o ano 1670, anos despois da fundación do morgado polo capitán Johan Tavares en 1665 (como recolle o escudo de armas da fachada principal). Esta familia permanece na propiedade até o século XVIII en que deixará paso aos Montenegro e a comezos do XIX ao marquesado de Valladares.
 
A finais do século XIX aao fincaterreo e o pazo son herdados por dona María de los Milagros Elduayen, VIII Marquesa de Valladares, e seu home Fernando Quiñones de León, Marqués de Alcedo, os cales emprenderon unha importantísima reforma do edificio. O temperán falecemento da marquesa fixo que o pazo pasase a mans do seu fillo Fernando, IX Marqués de Valladares. En 1918 este perece sen descendencia deixando como herdeiro a seu pai e como usufrutuaria vitalicia a súa esposa, Marianne de Wythe. Será seu pai quen o 12 de decembro de 1924 doe ao pobo de Vigo a propiedade, condicionando a súa doazón a que se dispuxesen nel un museo e un parque público.
 
[[Ficheiro:Pazo de Castrelos, fachada sur.jpg|miniatura|200px|Fachada sur do pazo.]]
 
== Arquitectura ==
=== Orixes ===