Igrexa de San Miguel de Eiré: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 18:
Este tramo é de planta rectangular, alongada no sentido transversal e está cuberto por unha [[bóveda de canón]] tamén co eixe transversal. O arco faixón de acceso a este tramo inclúe un segundo arco interior sostido por semicolumnas acaroadas en beirado a media altura, de grande interese. A da esquerda sostense sobre unha cabeza humana, a xeito de esquemática [[cariátide]] e o seu [[capitel]] está formado por tres cuadrúpedes que poderían ser leoas, un sobre cada cara do capitel. A columna dereita arranca dunha roseta plana como as que se poden atopar na porta norte e o seu capitel está formado por dúas grandes [[Voluta|volutas]] rematadas en barbudas cabezas humanas.
 
Sobre a bóveda deste segundo tramo da náve érguese o elemento arquitectónico máis singular da igrexa, unha torre que forma unha estancia rectangular con xanelas ou pares de fiestras de medio punto nas catro fachadas. O singular desta construción, un caso único en Galicia, pode apreciarse non só nas fotografías senón nas seccións do edificio. A súa finalidade non está clara, podería tratarse dunha construción defensiva a que se accedería a partir do exterior ou, incluso, do corpo das campás.
 
A ábsida está cuberta por unha bóveda de directriz semicircular que remata cunha bóveda de cascarón. Accédese a esta por un arco triunfal formado en realidade por un dobre arco, o primeiro sobre columnas acodilladas e o segundo sobre semicolumnas acaroadas que se apoian nunha base que se prolonga ao longo de todo o perímetro da ábsida, ao xeito de banco corrido, de que arrancan as súas bases áticas. Analogamente, a moldura sobre a que descansan os arcos prolóngase ao longo de todo o perímetro interior da ábsida. Salientan os capiteis con ornamentación vexetal do arco interior e en concretoo o da esquerda, con extraordinarios calados, moito máis traballados que os do arco exterior, decorados con piñas. Tamén están ornamentados con piñas. Tamén están ornamentados con piñas, nunha composición máis complexa, os capiteis do arco faixón sobre semicolumnas acaroadas que pecha o tramo recto da ábsida.
 
==Galería de imaxes==