Igrexa de San Miguel de Eiré: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 16:
É dunha soa [[Nave (arquitectura)|nave]], cunha [[ábsida]] composta dun amplo primeiro [[tramo]] rectangular e unha parte semicircular. A nace está dividida en dous tramos por dúas grandes [[Pilastra|pilastras]] con semicolumnas acaroadas que sosteñen un grande [[Arco (arquitectura)|arco]] faixón de medio punto. O primeiro tramo é de planta case cadrada, interrompido en parte por un coro posterior de madeira e cóbrese con teitume de madeira a dúas augas. O segundo tramo está definido por un grande arco faixón e polo arco triunfal de medio punto de acceso á ábsida.
 
Este tramo é de planta rectangular, alongada no sentido transversal e está cuberto por unha [[bóveda de canón]] tamén co eixe transversal. O arco faixón de acceso a este tramo inclúe un segundo arco interior sostido por semicolumnas acaroadas en beirado a media altura, de grande interese. A da esquerda sostense sobre unha cabeza humana, a xeito de esquemática [[cariátide]] e o seu [[capitel]] está formado por tres cuadrúpedes que poderían ser leoas, un sobre cada cara do capitel. A columna dereita arranca dunha roseta plana como as que se poden atopar na porta norte e o seu capitel está formado por dúas grandes [[Voluta|volutas]] rematadas en barbudas cabezas humanas.
 
Sobre a bóveda deste segundo tramo da náve érguese o elemento arquitectónico máis singular da igrexa, unha torre que forma unha estancia rectangular con xanelas ou pares de fiestras de medio punto nas catro fachadas.
 
==Galería de imaxes==