Igrexa de San Miguel de Eiré: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 11:
 
==Descrición==
A igrexa constitúe un dos máis singulares monumentos románicos galegos, que pode datarse na segunda metade do [[século XII]].
De nave única cuberta con teito de madeira agás o cruceiro que se cubre con bóveda. Na cabeceira a [[ábsida]] semicircular decórase con catro columnas acaroadas con capiteis con cabezas de serpes. No interior o acceso á cabeceira faise a través dun arco triunfal triplo. Nesta cabeceira consérvanse pinturas murais do [[século XVI]]. A porta norte decórase cun [[Agnus Dei]] con cruz e unhas xambas con curiosa decoración de follas que rematan en cabezas humanas.
 
=== Interior ===
É dunha soa [[Nave (arquitectura)|nave]], cunha [[ábsida]] composta dun amplo primeiro [[tramo]] rectangular e unha parte semicircular. A nace está dividida en dous tramos por dúas grandes [[Pilastra|pilastras]] con semicolumnas acaroadas que sosteñen un grande [[Arco (arquitectura)|arco]] faixón de medio punto. O primeiro tramo é de planta case cadrada, interrompido en parte por un coro posterior de madeira e cóbrese con teitume de madeira a dúas augas. O segundo tramo está definido por un grande arco faixón e polo arco triunfal de medio punto de acceso á ábsida.
 
Este tramo é de planta rectangular, alongada no sentido transversal e está cuberto por unha [[bóveda de canón]] tamén co eixe transversal. O arco faixón de acceso a este tramo inclúe un segundo arco interior sostido por semicolumnas acaroadas en beirado a media altura, de grande interese.
 
==Galería de imaxes==