Galego-portugués: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 10:
A lingua considérase formada no século VIII, principalmente coma desenvolvemento do latín vulgar falado polos conquistadores romanos a partir do século II d. C.
 
O documento da lírica galego-portuguesa máis antigo parece ser a cantiga satírica "Ora faz ost'o senhor de Navarra" de  [[Johan Soarez de Pávia]], datado en [[1196]] por algúns expertos. As recompilacións [[lírica]]s [[medieval|medievais]] galego-portuguesas máis importantes que se conservan hoxe son o [[Cancioneiro de Ajuda]], o [[Cancioneiro da Vaticana]], o [[Cancioneiro da Biblioteca Nacional|Cancioneiro Colocci-Brancutti]] e as [[Cantigas de Santa María]].
 
O rei [[Afonso X]] o Sabio, de [[Coroa de Castela|Castela]], coordinou as [[Cantigas de Santa María]] en galego-portugués, que daquela era a lingua por excelencia para a lírica nos reinos de Galicia, León e Castela (estando o reino de Aragón na zona de influencia da [[literatura occitana]]). Tamén compuxo algunhas cantigas de amor, mais ningunha de amigo.
 
Algúns poetas salientábeis son:incline [[Bernal de Bonaval]], [[Airas Nunez]], [[Pero da Ponte]], [[Pedro Amigo de Sevilha|Pero Amigo]], [[Xohán de Cangas]], e [[Martín Codax]] etc.
 
O galego-portugués tivo a súa máxima importancia dende finais do [[Século XII|s. XII]] ata mediado o [[Século|s. XIV]].
 
== Afastamento do galego e do portugués ==
A partir da súa independencia, o [[reino de Portugal]] do [[reino de León]] comezou coa creación dunha norma escrita (unha data importante é a declaración do galego-portugués como lingua oficial da súa administración en [[1290]]) por iniciativa do rei [[don Dinis]], cousa que na Galicia non se elaborou até ben entrado o século XX. Como sinala Azevedo Maia ,<ref>Ver Bibliografia, capítulo de Conclusións</ref>, axiña as formas escritas en Portugal comezaron a se homoxeneizar baixo a influencia da corte mentres que os escritos galegos van sendo penetrados de [[castelanismos]]. O feito de que a partir de [[1480]] os [[tabelión]]s galegos tivesen que cambiar os seus formularios polos casteláns e tivesen que estudar en [[Toledo]], profundou o proceso de [[castelanización]] dese galego escrito que non aconteceu en [[Portugal]].
 
As diferenzas entre galego e portugués xa proveñen do galego medieval, onde en textos antigos xa se comeza a confundir as sibilantes xordas coas sonoras, conservadas en Portugal, produto doda [[castelanización|mencionado anteriormente]], así como outras pequenas variacións en morfoloxía (''disso'' fronte a ''disse''…). Ademais, o avance do galego-portugués cara ao sur e o desprazamento da capital portuguesa introduciron unha serie de elementos novos que deron lugar á situación actual:<ref>* Lindley Cintra, Luís F. [http://www.instituto-camoes.pt/cvc/hlp/biblioteca/novaproposta.pdf ''Nova Proposta de Classificação dos Dialectos Galego-Portugueses''] (PDF) Boletim de Filologia, Lisboa, Centro de Estudos Filológicos, 1971.
</ref>
 
* [[Dialectos galegos]]: os falados nas catro provincias galegas, en zonas limítrofes de [[Concellos galegofalantes de Asturias, Castela e León e Estremadura|Asturias, León e Zamora]]. Caracterizados pola inexistencia de sibilantes sonoras e vogais nasais (só en pequenas zonas do «galego exterior») fronte aos dialectos portugueses.
 
* Dialectos portugueses setentrionais: Do Miño até Aveiro na costa e Castelo Branco no interior. Presenza do fonema africado ({{IPA|tʃ}} como o ch en chave) e non distinción entre b/v pero distingue sibilantes sonoras como o portugués común.
 
* Dialectos portugueses centro-meridionais.
* [[Fala de Xálima]] dialecto derivado do galego-portugués, é no noroeste da Extremadura.
Liña 33 ⟶ 30:
== Características do galego-portugués ==
O galego medieval distínguese do galego actual principalmente en:
 
* Existencia de vogais nasais.
* Distinción b/v.