Lebna Dengel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxos
Liña 9:
Coa morte do sultán Abu Bakr en 1520, un [[Imán (relixión)|imán]] novo Ahmad ibn Ibrahim al-Ghazi consolidou o seu control no Sultanato de Adal, e fixo o seu candidato, Umar Din, sultán, entón empezou unha campaña para extinguir o Imperio de Etiopía. O imán cruzou o río Awash e entrou Fatagar en 1528, saqueando e queimando a cidade de Badeqe antes de que Dawit puidese chegar co seu exército. O imán comezou a retirarse e cruzou o Samara, un afluente do Awash. Os seguidores do imán estaban acostumados a facer incursións "lóstrego" en territorio etíope, atacando rapidamente e volvendo axiña; non tiñan experiencia en batallas campais, e o imán Ahmed Gragn tivo que afrontar numerosas desercións.<ref>As described by Sihab ad-Din Ahmad bin 'Abd al-Qader, ''Futuh al-Habasa: The conquest of Ethiopia'', translated by Paul Lester Stenhouse with annotations by Richard Pankhurst (Hollywood: Tsehai, 2003), pp. 68-70</ref> O Emperador Dawit alcanzou as forzas do imán Ahmad Gragn e entraron en batalla o 7 ou 9 de marzo de 1529 en Shimbra Kure, mais non puido destruír o exército do imán. Aínda que no fora unha vitoria clara para o imán, esta batalla probou aos seguidores do imán que podían loitar contra o exército etíope.
 
O imán Ahmad Gragn pasou os seguintes dous anos preocupado máis aló do Awash, mais regresou para atacar Etiopía en 1531, onde dispersou o exército baixo o xeneral Eslamu disparando o primeiro canón no Corno de África. Dawit foi forzado a retirarse ás montañas de Etiopía e fortificar os pasos a Bet Amhara ("a Casa de Amhara"), deixando os territorios do leste e do sur baixo a protección do seu xeneral Wasan Sagad. Con todo, Wasan Sagad morreu preto do Monte Busat mentres loitaba contra Ura'i Utman o 29 xullo (5 de nahase de 1524 no calendario etíope) e o seu exército dispersouse. O imán sorprendeu o emperador na Batalla de Amba Sel o 27 de outubro, onde o emperador case foi capturado, un revés, segundo R.S. Whiteway, que deixou Lebna Dengel en "ningunha posición para ofrecer unha batalla campal aos seus inimigos."<ref>R.S. Whiteway, ''The Portuguese Expedition to Abyssinia in 1541-1543, 1902'' (Nendeln, Liechtenstein: Kraus Reprint Limited, 1967), p. xxxvi.</ref> Os seguidores do imán caeron sobre Bet Amhara, saqueando cada igrexa que atoparon, incluíndo Mekane Selassie, Atronsa Maryam, Debre Nagwadgwad e Ganata Giyorgis. O emperador Dawit retrocedeu tras o río Abay á seguranza relativa de Gojjam. Só o fracaso dos musulmáns en capturar a fortificación real en Amba Geshen atrasounos.
 
Nas campañas seguintes, os seguidores de Ahmad destruíron igrexas, mosteiros e convertiron cristiáns a punta de lanza. En abril de 1533, Ahmad unha vez máis reuniu as súas tropas en Debre Berhan para conquistar —ou polo menos devastar— as rexións do norte de Tigray, Begemder, e Gojjam.