Heiner Müller: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
corrixo
Liña 5:
Afiliouse ao [[Partido Socialista Unificado de Alemaña]] (''Sozialistische Einheitspartei Deutschlands'', SED) en 1947 e serviu á Asociación de Escritores Alemáns (''Deutscher Schriftsteller-Verband'', DSV) desde 1954. Na década dos anos cincuenta, converteuse nun dos dramaturgos máis importantes da [[República Democrática Alemá]] e gañou o Premio [[Heinrich Mann]] en 1959.
 
Sen embargoPorén, as súas relacións co réxime xermano-oriental comenzaron a deteriorarse a raíz da estrea do seu drama ''Die Umsiedlerin'' (''A colona''), que foi censurado en 1961 logo dunha única representación. Müller foi expulsado da Asociación de Escritores ese ano. O goberno xermano oriental mantivo as obras de Müller baixo cautela durante os anos seguintes, impedindo a estrea de ''Der Bau'' (''Obra de construción'') en 1965 e censurando ''Mauser'' a comenzos dos setenta. Müller comenzou a traballar con grupos e compañías de teatro de Alemaña Occidental durante os años setenta e oitenta, dirixindo a estrea dalgúns dos seus traballos más coñecidos en [[Múnic]] (''Germania Tod in Berlin'' (''Germania, Morte en Berlín''), 1978), [[Essen]] (''[[Die Hamletmaschine]]'' (''Máquina Hamlet''), 1979) e [[Bochum]] (''Der Auftrag'' (''A misión''), 1982).
 
A súa fama permitiu a Müller obter outra vez unha aceptación máis extensa en Alemaña Oriental. Foi admitido na Academia das Artes da RDA en 1984 —dous anos despois de ser membro da Academia das Artes de [[Berlín Oeste]]. A pesar destas honras, non foi readmitido na Asociación de Escritores de Alemaña Oriental ata 1988, pouco antes da desaparición da RDA. Logo da caída do [[Muro de Berlín]], Müller aínda mantivo a presidencia da Academia das Artes da RDA durante un breve período en 1990.