Partido Popular de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 36:
====Ideoloxía do PPdeG na actualidade====
[[Ficheiro:Nuñezfeijoo.jpg|miniatura|dereita|Alberte Núñez Feijóo, actual presidente do PPdeG]]
Dentro das filas do propio partido popular existe unha corrente que defende o carácter [[Galeguismo (política) |galeguista]] do partido. Personalidades de referencia adheridas a esta tendencia son ou foron [[Xosé Cuíña]]<ref>[http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=3222_20_190064__Cartas-Xose-namorado-Galicia Xosé Cuiña, perfil galeguista]</ref>, [[Xesús Palmou]]<ref>[http://clasica.xornal.com/article.php?sid=200901220100410001 Xesús Palmou e a necesidade do galeguismo dentro do Partido Popular]</ref> ou o propio [[presidente]] do partido na actualidade, [[Alberte Núñez Feijóo]]<ref>[http://asturieslliberal.nireblog.com/post/2008/07/26/feijoo-reivindica-o-galeguismo-do-ppdeg-compatible-con-defender-a-dobre-nacionalidade-dos-galegos Feijóo reivindica o galeguismo do PP]</ref>, quen se autoproclama como tal, se ben en troques e sobre todo tras ter acadado a presidencia da Xunta, é acusado de [[galegofobia]] polos seus adversarios políticos{{cómpre referencia}} e mais por diversas plataformas cívicas a prol da cultura e lingua galegas,{{Cómpre referencia}} e mesmo unha parte dos militantes do seu partido lle reclaman unha volta ás orixes galeguistas ou cando menos un respecto polas políticas en prol da lingua galega, como se pode apreciar en declaracións de [[Xosé Luís Baltar]], [[Rafael Cuíña]] ou [[Xosé Manuel Barreiro]]<ref>[http://www.xornal.com/artigo/2009/07/13/politica/barreiro-pide-xiro-do-pp-ao-galeguismo/2009071222582954007.html Barreira reivindica un xiro ao galeguismo] {{ligazón morta}}</ref>, destacadas figuras do PPdeG. Así mesmo existe unha outra posición moito máis homoxénea cando se trata de falar do partido como dunha organización de corte social e económico de [[centro-dereita]]. Así o defenden a meirande parte dos seus militantes, comezando polo presidente estatal [[Mariano Rajoy]]<ref>[http://www.larepublica.com.uy/mundo/316773-mariano-rajoy-defiende-un-pp-de-centro-que-debe-mejorar Rajoy defende un partido moderado e de centrista]</ref> ou o ex-presidente do goberno español [[José María Aznar]]<ref>[http://www.elconfidencial.com/cache/2008/07/09/43_aznar.html José María Aznar fala dun PP de centro-dereita]</ref>. Non obstante, estes postulados, ao ollar dos grupos de esquerda, centro-esquerda, e mesmo centro-dereita nacionalista, chocan decote con algunhas posturas tanto de ámbito estatal<ref>[http://www.elpais.com/articulo/madrid/tercera/ola/privatizacion/elpepuespmad/20080907elpmad_1/Tes Privatización masiva proposta polo PP]</ref><ref>[http://www.gznacion.com/web/noticia.php?id_noticia=5818 Relación do PP coa Igrexa Católica]</ref><ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2005/06/13/espana/1118664493.html O PP contra o matrimonio gay]</ref> como europeo<ref>[https://archive.is/20120707003149/actualidad.terra.es/internacional/articulo/parlamento_europeo_pp_966815.htm O PP e a resolución sobre o Franquismo no parlamento europeo]</ref> do Partido Popular, o cal alenta aos seus rivais políticos para non aceptaren tal denominación e falar do Partido Popular coma dun partido de dereita radical<ref>[http://www.adn.es/politica/elecciones_2008/20080203/NWS-0823-PP-Zapatero-pretende-derogar-radical.html Zapatero fala do PP coma un partido da dereita radical]</ref> ou [[Ultradereita|extrema-dereita]]<ref>[http://www1.izquierda-unida.es/noticia.php?id=3616 Llamazares fala dun PP racista en busca do voto da extrema dereita]</ref><ref>[http://clasica.xornal.com/article.php?sid=20060303131153 Quintana fala dun PP estatal de extrema dereita]</ref>.
 
==Resultados electorais==