Enzima: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{1000}}
[[Ficheiro:Purine Nucleoside Phosphorylase.jpg|miniatura|Modelo do '''enzima''' ''Purina nucleósido fosforilase'' (PNP) xerado por computador.]]
Os/as '''enzimas''' (ou '''encimas''')<ref>{{DRAG [http://www.realacademiagalega.org/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&id=312718 |encima]}}</ref> son un grupo de [[materia orgánica|compostos orgánicos]] de natureza en xeral [[proteína|proteica]] (existen tamén enzimas constituídos por ARN, chamados [[ribozima]]s)<ref>Lilley D (2005). "Structure, folding and mechanisms of ribozymes". Curr Opin Struct Biol 15 (3): 313–23.[[DOI]]:[http://dx.doi.org/10.1016%2Fj.sbi.2005.05.002 10.1016/j.sbi.2005.05.002]PMID[http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/10960319 15919196]</ref><ref>Cech T (2000). "Structural biology. The ribosome is a ribozyme". Science 289 (5481): 878–9. [[DOI]]:[http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/9311771 PMID 9311771]</ref>, con actividade intra ou extracelular que teñen funcións catalíticas, catalizando reaccións químicas, que, sen a súa presenza, serían imposibles ou non poderían ter lugar á velocidade axeitada. Isto conséguese a través da diminución da [[enerxía de activación]] precisa para que se dea unha reacción química, resultando no aumento da velocidade desta e posibilitando así o [[metabolismo]] dos [[ser vivo|seres vivos]]. A capacidade catalítica dos enzimas fainos adecuados para aplicacións industriais, como na [[industria farmacéutica]] ou na [[industria alimentar|alimentaria]].
 
En sistemas vivos, a maioría das reaccións bioquímicas danse en [[vía metabólica|vías metabólicas]], secuencias de reaccións nas que o produto dunha reacción utilízase como reactivo na seguinte. Diferentes enzimas catalizan os diferentes pasos das vías metabólicas, actuando de forma concertada de xeito que non se interrompa o fluxo nesas vías. Ademais, a actividade de cada enzima pode ser [[regulación enzimática|regulada]], aumentándoa, diminuíndoa ou mesmo deténdoa, co obxectivo de modular o fluxo da vía metabólica na que se insire.