Testosterona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot:Retiro parámetro non usado "month="
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 17:
[[Ficheiro:Steroidogenesis gl.svg|miniatura|dereita|450px|[[Esteroide|Esteroidoxénese]] humana, mostrando a testosterona (''testosterone'') cerca do fondo.]]
 
Como outras [[hormonas]] [[esteroide]]s, a testosterona deriva do [[colesterol]] (ver figura da dereita).<ref name="pmid1307739">{{Cita publicación periódica | autor = Waterman MR, Keeney DS | título = Genes involved in androgen biosynthesis and the male phenotype | publicación = Horm. Res. | volume = 38 | número = 5-6 | páxinas = 217–21 | ano = 1992 | pmid = 1307739 | doi = 10.1159/000182546| url =}}</ref> O primeiro paso da súa biosíntese implica a rotura oxidativa da [[cadea lateral]] do colesterol polo encima CYP11A, unha oxidase de [[citocromo P450]] [[Mitocondria|mitocondrial]] coa perda de seis átomos de carbono, orixinando [[pregnenolona]]. No seguinte paso, elimínanse dous átomos de carbono polo encima [[CYP17A1|CYP17A]] no [[retículo endoplasmático]] para producir unha variedade de esteroides C<sub>19</sub>.<ref name="pmid3535074">{{Cita publicación periódica | autor = Zuber MX, Simpson ER, Waterman MR | título = Expression of bovine 17 alpha-hydroxylase cytochrome P-450 cDNA in nonsteroidogenic (COS 1) cells | publicación = Science | volume = 234 | número = 4781 | páxinas = 1258–61 | ano = 1986 | mes = December | pmid = 3535074 | doi = 10.1126/science.3535074| url = |bibcode = 1986Sci...234.1258Z}}</ref> Ademais, o grupo 3-hidroxilo é oxidado pola [[3beta-hidroxiesteroide deshidroxenase|3-β-HSD]], producindo [[androstenediona]]. Na reacción final, que é limitante para a velocidade de produción, o grupo C-17 ceto da androstenediona é reducido pola 17-beta hidroxiesteroide deshidroxenase para producir a testosterona.
 
A maior parte da produción de testosterona (>95%) nos machos ten lugar nos [[testículo]]s. <ref name="Mooradian_ 1987"/> Tamén a sintetizan en cantidades menores as mulleres nas células da teca dos folículos dos [[ovario]]s, e pola [[placenta]], e na zona reticular do córtex suprarrenal en ambos os sexos. Nos testículos, a testosterona é producida polas [[Célula de Leydig|células de Leydig]].<ref name="pmid58744">{{Cita publicación periódica | autor = Brooks RV | título = Androgens | publicación = Clin Endocrinol Metab |volume= 4 | número = 3 |páxinas= 503–20 |ano= 1975 | mes = November | pmid = 58744 | url =}}</ref> Os testículos tamén conteñen [[Célula de Sertoli|células de Sertoli]] que requiren testosterona para favoreceren a [[espermatoxénese]]. Como a maioría das hormonas, a testosterona chega aos tecidos obxectivo por vía sanguínea, e no sangue a maior parte da testosterona transpórtase ligada a dúas proteínas do plasma, a SHGB (''sex hormone-binding globulin'', [[globulina de unión á hormona sexual]]) e a [[seroalbumina humana|albumina]]. A SHBG liga unha soa molécula de testosterona con alta afinidade, entanto que a albumina liga varias moléculas pero con baixa afinidade. En función destes equilibrios defínese a testosterona libre como a totalidade da non unida, e a testosterona biodispoñible como a total menos a unida á SHBG.