ARN transferente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m refs
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 31:
# aminoacil-AMP + ARNt → aminoacil-ARNt + [[AMP]]
 
Ás veces, certos organismos poden carecer dunha ou de máis [[aminoacil ARNt sintetase]]s. Isto orixina que o ARNt cargue un aminoácido incorrecto. Nese caso outro encima debe corrixir o aminoácido errado e modificalo para que sexa o correcto. Por exemplo, a bacteria ''[[Helicobacter pylori]]'' carece da glutaminil-ARNt sintetase (que carga glutamina no ARNt), e, por tanto, a glutamato-ARNt sintetase (da que non carece) carga incorrectamente no ARNt [[glutamato]] en lugar de [[glutamina]]. Posteriormente o encima amidotransferase converte a [[cadea lateral]] do glutamato na cadea lateral da glutamina, desfacendo o erro e formando o correcto ARNt<sup>Gln</sup>.
 
Unha vez unido o aminoácido, o ARNt diríxese ao [[ribosoma]] onde o [[anticodón]] do ARNt se une ao [[codón]] do [[ARN mensaxeiro]] por emparellamento de bases complementarias (A=U, C=G). Deste modo, os ARNt van achegando, un a un, levando os aminoácidos, os cales son ensamblados no ribosoma para formar a cadea [[polipéptido|polipeptídica]] segundo a secuencia de codóns do ARNm e as correspondencias do [[código xenético]].