Terpeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cita publicación
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 33:
 
 
Ademais destes grandes grupos poden considerarse outros, como os '''[[meroterpenos]]''', que son metabolitos secundarios das plantas que teñen unha orixe só parcialmente derivada dos terpenos. Por exemplo, tanto as [[citoquinina]]s coma moitos [[fenilpropanoide]]s conteñen [[cadea lateral|cadeas laterais]] dun isoprenoide de 5 carbonos. Os [[cannabinoides]] (principio activo da [[mariguana]]) teñen unha porción molecular orixinada a partir dun [[policétido]] e outra de orixe terpénica. Algúns [[alcaloide]]s, como as drogas anticáncer [[vincristina]] e [[vinblastina]], conteñen fragmentos terpénicos nas súas estruturas. Ademais algunhas proteínas modificadas inclúen unha cadea lateral de 15 ou 20 carbonos que é un terpeno, que ancora a proteína á membrana.
 
Os '''[[esteroide]]s''' están moi relacionados cos terpenos, xa que derivan do escualeno. Poderían considerarse como triterpenos cunha estrutura de catro ciclos, pero xeralmente clasifícanse á parte<ref name="Buchanan" />.