Historia da filosofía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 10:
 
=== Períodos ===
En canto á división das distintas etapas históricas polas que atravesa a filosofía, aínda que non hai pleno consenso en canto a cuestións de detalle, sóense establecer, a grandes trazos, catro períodos, entre os que non hai auténtica ruptura, senón máis ben cada período destes xorde como consecuencia de vicisitudes sociais que, no plano intelectual, prolongan e reformulan o pensamento de etapas anteriores. É así que se establece a seguinte división: '''Filosofía antiga''' (Grecia e Roma clásicas), '''Filosofía medieval''' ([[patrística]] e [[Esclolástica (Filosofíafilosofía)| Escolástica)]]), '''Filosofía moderna''' (dende [[René Descartes|Descartes]] ata a morte de [[Hegel]]. Respecto deste período di [[Bertrand Russell|Russell]]: ''está máis dominado pola ciencia que ningún anterior; as crenzas relixiosas tradicionais conservan a súa importancia, pero síntese a necesidade de xustificalas, e modificalas onde queira que a ciencia parece impor esta esixencia'') e '''Filosofía contemporánea''' (dende as grandes reaccións contra o sistema hegeliano ata os nosos días). Así mesmo, é frecuente sinalar o '''Renacemento''' (S. XV e XVI) como período intermedio e transitorio entre o medievo e a modernidade.
 
En cada unha destas etapas domina, á súa vez, un determinado punto de vista filosófico que, en certa medida, xustifica a división: o problema da [[Filosofía da natureza|natureza]] (''physis'') nos antigos, a cuestión [[teoloxía|teolóxica]] (Deus) nos medievais, a [[Teoría do coñecemento]] nos modernos e, por último, a complexidade do panorama contemporáneo diversificado en temas de [[Antropoloxía filosófica|Antropoloxía]], [[Filosofía da linguaxe]], [[Filosofía da ciencia]] e [[Filosofía política]].