Odoacro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
mSen resumo de edición
Liña 3:
'''Odoacro''', nado preto do ano [[433]] e finado en [[493]], tamén coñecido como '''Odovacar''', posiblemente derivado do xermánico ''Audawakrs'' ('que busca a riqueza'). Foi o xefe da tribo xermana dos [[hérulos]], de orixe [[huno|huna]] e [[esciros|escira]]. Na historia salienta por ser quen destituíu ó derradeiro [[emperador romano]] de Occidente, [[Rómulo Augústulo]], en [[476]], quen foi deportado ó ''[[Castel dell'Ovo|Castellum Lucullanum]]'' na baía de [[Nápoles]].
 
== Traxectoria ==
Despois de derrocar a Rómulo Augústulo, a Odoacro presentóuselle a oportunidade de nomear a un novo emperador titular e gobernar a través del, ou gobernar como axente do emperador romano de Oriente. A diferenza de moitos dos seus predecesores, como [[Ricimero]], optou pola segunda opción, devolvéndolle as insignias imperiais de Occidente ó emperador [[Zenón, Emperador|Zenón]] en [[Constantinopla]], xunto cunha carta na que pedía ser confirmado ''dux'' de [[Italia]]. Zenón accedeu a esta petición e concedeulle o rango de [[patricio]].