Camilo Nogueira Román: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Camilo Nogueira Román''' é un político e economista [[Galicia|galego]] que naceu o [[22 de novembro]] de [[1936]] no concello de [[Lavadores, Vigo|Lavadores]], integrado en [[Vigo]] logo da [[Guerra Civil]]. Fillo dun escultor, Camilo Nogueira, dirixente local do [[Partido Galeguista]] e de Teresa Román, modista. Foi xogador de baloncesto co Estudiantes de Vigo en segunda e primeira división, estudou na Escola Industrial de Vigo e pasou polas escolas de Enxeñería Industrial de [[Bilbao]] e de [[Madrid]]. Tamén cursou a licenciatura de Ciencias Económicas na Universidade de [[Santiago de Compostela|Santiago]] (1969-1975).
 
En [[1964]] entrou a traballar na fábrica viguesa de Citroën como enxeñeiro. Presidiu durante tres anos a Asociación Cultural de Vigo. Formou parte de [[Galicia Socialista]], un grupo que daría orixe ao sindicalismo nacionalista galego e que acabaría fusionándose coa [[UPG]] en [[1971]], Camilo Nogueira queda como militante de base desa formación. Participou nas grandes folgas obreiras de [[1972]], detido e torturado foi despedido de Citroën, en 1973 estableceuse en Santiago para traballar en SODIGA.