Cerdanyola del Vallès: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 37:
Desde o [[século IX]] forma parte do [[Condado de Barcelona]], englobado na [[Marca Hispánica]], e os poboadores dedícanse basicamente á agricultura. Desde esta época, Cerdanyola converteuse nun cúmulo de masías e casas dispersadas polo municipio. Durante moito tempo non houbo un núcleo urbano. A vila estaba dividida en dúas parroquias, as de Feixes e Sant Martí, e dentro da xurisdición do [[Castelo de Sant Marçal]]. Nesta época a sociedade estaba agrupada co obxectivo de defender os seus intereses diante dos señores feudales.
 
Durante o [[século XVIII]] moitas familias enriquecéronse graciasgrazas á produción e comercialización do [[viño]].
 
O núcleo urbano empezouse a formar dividíndose en dous barrios, o Barrio de Arriba, que data de [[1828]] e formouse por mor da estrada de Sant Cugat (actual [[BV-1415]]), e o Barrio de Abaixo, de [[1845]] relacionado coa construción do [[ferrocarril]]. Nesta época a actividade económica principal segue sendo a explotación e produción do viño, a pesar da crise que produciu a chegada da [[filoxera]]. Era un municipio tradicionalmente agrícola, con cultivo de cereais, viña e forraxe.