Organización Obreira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m era unha organización clandestina nos anos do franquismo, actuaba como organización sindical e política á vez.
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Organización Obreira''' foi unha organización político sindical que xurdiu en abril de [[1972]] dunha escisión do [[PCE]] de [[Vigo]], composto por obreiros novos militantes de Comisións Obreiras, disconformes co ''Pacto pola Liberdade'' que fixera público o partido en 1972 e que chamaba á unidade de todos os demócratas, por riba da súa clase, para derrotar ao [[franquismo]]. O sindicato conseguiu un certo protagonismo nas mobilizacións obreiras que se realizaron en setembro de 1972 en Vigo. mais a represión que seguiu descabezouno<br>
O seu voceiro foi ''Organización Obreira'' (1972-[[1974]]), tamén publicou un boletín dirixido aos mariñeiros, ''O Noso Mañán''.<br>
OO dirixíao un Comite Executivo que compuñan dez persoas, Xosé Anxo García Méndez foi o seu secretario xeral, existían tres Comités de Zona na área de Vigo. O sindicato tiña arredor dun cento de militantes, a maioría de Vigo, pero houbo militantes en todas as cidades galegas.<br>