Revitalización lingüística: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
creo a partir da en.wiki
 
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
A miúdo, diversos partidos traballan xuntos no mesmo proxecto. As linguas obxectivo da revitalización lingüística inclúense aquelas cun uso ou prominencia severamente minguada, chamadas [[Lingua en perigo de extinción|linguas en perigo]] ou ameazadas, ou aquelas que só teñen uns poucos falantes anciáns, chamadas moribundas. Nalgúns casos, as técnicas de revitalización lingüística poden ser empregadas para tentar revivir linguas [[Lingua morta|mortas]]. Malia que os obxectivos da revitalización varían moito dependendo do caso, todos teñen en común facer medrar o número de falantes e o uso da lingua, ou tentar manter o nivel actual da lingua para protexela da extinción.
 
É preciso distinguir entre renacemento da lingua (a resurección dunha lingua "morta" sen falantes nativos vivos) e a revitalización da lingua (o rescate dunha lingua que está a "esmorecer"). Tense sinalado que o único caso exitoso de resurección lingüística completa, é o da [[Recuperación da lingua hebrea|lingua hebrea]], xa que se creou unaunha nova xeración de falantes nativos sen ningún falante pre-existente como modelo.<ref>Laura Redish (2001), ‘Native Languages of the Americas: Endangered Language Revitalization and Revival’. http://www.native-languages.org/revive.htm</ref>
 
{| class="wikitable"