Diferenzas entre revisións de «Luís Pintos Fonseca»

sen resumo de edición
 
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Membros do Seminario de Estudos Galegos en 1928.jpg|miniatura|300px|Membros do [[SEG]] en [[1928]]: De esquerda a dereita na fileira de atrás: [[Ramón Otero Pedrayo]], [[Antón Losada Diéguez]], [[Florentino López Cuevillas]], [[Vicente Risco]], [[Carballo Calero]], [[Xosé Filgueira Valverde]], [[Sebastián García Paz]], [[Luís Pintos Fonseca]], [[Antón Fraguas]], [[Bibiano Fernández Osorio-Tafall]]. Sentados: [[Isidro Parga Pondal]], [[Abelardo Moralejo Laso]], [[Xesús Carro García]], [[Salvador Cabeza de León]], [[Joaquín Arias Sanjurjo]], [[Xerardo Álvarez Limeses]] e [[Juan Novás Guillán]].]]
Iniciou a súa formación con [[Eduardo Rojas]] e con [[Carlos Sobrino Buhigas]] e [[Castelao]], que estimulou o seu interese polo gravado. Colaborou como debuxante na [[Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra]] (1923-1926), e en 1924 ilustrou ''Seara'' de [[Herminia Fariña]] e ''[[Os nenos]]'' (1925) de [[Filgueira Valverde]]. Empregou a linoleografía nas súas ilustracións para os xornais ''[[Galicia. Diario de Vigo]]'' e ''[[Faro de Vigo]]''. Foi bolseiro da [[Deputación de Pontevedra]] e formouse durante tres anos na [[Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid]]. En [[1929]] instalouse definitivamente en [[Pontevedra]], onde exerceu como docente desde 1931 na Escola Normal e na Sociedade Económica de Amigos do País. Ilustrou as revistas ''[[Cristal (revista)|Cristal]]'', ''[[Logos (revista)|Logos]]'', ''[[Spes]]'' e ''[[Aturuxo (revista)|Aturuxo]]''. Vinculado ao [[Partido Galeguista de Pontevedra|Partido Galeguista]], participou nas campañas de apoio ao [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936|Estatuto de Autonomía de 1936]], para o que realizou un cartel propagandístico.
 
194.079

edicións