Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
 
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Membros do Seminario de Estudos Galegos en 1928.jpg|miniatura|300px|Membros do SEG en [[1928]]: De esquerda a dereita na fileira de atrás: [[Ramón Otero Pedrayo]], [[Antón Losada Diéguez]], [[Florentino López Cuevillas]], [[Vicente Risco]], [[Carballo Calero]], [[Xosé Filgueira Valverde]], [[Sebastián García Paz]], [[Luís Pintos Fonseca]], [[Antón Fraguas]], [[Bibiano Fernández Osorio-Tafall]]. Sentados: [[Isidro Parga Pondal]], [[Abelardo Moralejo Laso]], [[Xesús Carro García]], [[Salvador Cabeza de León]], [[Joaquín Arias Sanjurjo]], [[Xerardo Álvarez Limeses]] e [[Juan Novás Guillán]].]]
Fillo de Antonio Arias Armesto e Efigenia Sanjurjo Pardiñas. Licenciouse en Dereito pola [[Universidade de Santiago de Compostela]] e foi un intelectual preocupado polos problemas do campo. En [[1887]] encargouse da dirección do xornal ''[[Gaceta de Galicia]]'' por un breve período<ref>''[[Gaceta de Galicia]]'', 2-5-1887, p. 2.</ref>. Instalado en [[Ferreira de Pantón, Pantón|Ferreira de Pantón]], foi elixido presidente do Comité Republicano de [[Monforte de Lemos]] en 1903<ref>''[[El Regional]]'', 30-10-1903, p. 2.</ref>. Presidente da Sociedad de Agricultores del Ayuntamiento de Monforte, interveu nas Asembleas de Monforte e en [[Solidaridad Gallega]]. En 1909 presentouse como candidato nas eleccións á Deputación Provincial con [[Juan Golpe]] e [[Casares Quiroga]] e foi o único solidario que conseguiu a vitoria, sendo elixido polo distrito Monforte-Quiroga na [[Deputación de Lugo]]. Ao finalizar a súa etapa de deputado escribiu un ''Manifiesto'' en contra das deputacións provinciais, en particular contra a de Lugo. En 1915 colaborou coa revista ''España'' de Madrid, de orientación melquiadista. En 1918, despois da presentación dos candidatos galeguistas próximos á Lliga catalá, escribiu un novo ''Manifiesto a las sociedades de labradores de Galicia y a los regionalistas de raza y abolengo gallego que no se hallen alquilados a la plutocracia barcelonesa o alistados en las clientelas de las oligarquías seudopolíticas de Madrid''. Nos anos vinte volveu instalarse en [[Santiago de Compostela]]. Na [[Segunda República Española|Segunda República]] foi elixido Vicepresidente do Centro [[Partido Republicano Radical|Radical Republicano]] de Santiago de Compostela en 1932<ref>''[[El Compostelano]]'', 23-5-1932, p. 2.</ref> e concelleiro e tenente de alcalde do concello de Santiago (1934-1935)<ref>''El Compostelano'', 19-11-1934, p. 1.</ref>. Publicou numerosos artigos que recolleu coa denominación xeral de ''Papeletas'' e ''Papeletas cervantinas'', e outros relacionados coa historia de Galicia, mosteiros e vías romanas. Colaborou en ''[[El Eco de Santiago]]'' e ''[[Arquivos do Seminario de Estudios Galegos]]''.
 
172.253

edicións