Luís Pintos Fonseca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Iniciou a súa formación con [[Eduardo Rojas]] e con [[Carlos Sobrino Buhigas]] e [[Castelao]], que estimulou o seu interese polo gravado. Colaborou como debuxante na [[Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra]] (1923-1926), e en 1924 ilustrou ''Seara'' de [[Herminia Fariña]] e ''[[Os nenos]]'' (1925) de [[Filgueira Valverde]]. Empregou a linoleografía nas súas ilustracións para os xornais ''[[Galicia. Diario de Vigo]]'' e ''[[Faro de Vigo]]''. Foi bolseiro da [[Deputación de Pontevedra]] e formouse durante tres anos na [[Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid]]. En [[1929]] instalouse definitivamente en [[Pontevedra]], onde exerceu como docente desde 1931 na Escola Normal e na Sociedade Económica de Amigos do País. Ilustrou as revistas ''[[Cristal (revista)|Cristal]]'', ''[[Logos (revista)|Logos]]'', ''[[Spes]]'' e ''[[Aturuxo (revista)|Aturuxo]]''. Vinculado ao [[Partido Galeguista de Pontevedra|Partido Galeguista]], participou nas campañas de apoio ao [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936|Estatuto de Autonomía de 1936]], para o que realizou un cartel propagandístico.
 
Durante a [[Guerra Civil Española]] refuxiouse no [[mosteiro de San Xoán de Poio]], onde comezou a carreira eclesiástica, ordenándose en [[1947]]. Influído por Carlos Sobrino, realizou excursións pictóricas en busca de novos motivos para as súas pinturas. Traballou tamén na realización de estampas, cunha certa tendencia á [[art déco]]. Entre 1944 e 1945 ilustrou a ''Guía Anuario de Pontevedra'' e as revistas ''[[Finisterre (Pontevedra)|Finisterre]]'' e ''[[Sonata Gallega]]''.