George Miller: Diferenzas entre revisións

director de cinema australiano
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Adaptado de en.wiki
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 10 de xaneiro de 2016 ás 12:26

Modelo:Actor Dr. George Miller, nado en Brisbane o 3 de marzo de 1945 é un director, produtor e guionista australiano, coñecido pola serie de filmes Mad Max.

Traxectoria

Miller naceu en Brisbane, fillo dos inmigrantes gregos Dimitri (Jim) Castrisios Miller e Angela Balson. O seu pai modificou o seu apelido orixinal, Miliotis, a Miller cando emigraron.[1] George ten un irmán xemelgo, John, amais doutros dous irmáns, Chris e Bill.

Miller estudou medicina na Universidade de Nova Gales do Sur. No seu último ano, el e o seu irmán Chris rodaron unha curtametraxe dun minuto coa que gañaron un premio estudantil.[2] Mentres realizaba a residencia en Sydney, Miller continuou a realizar filmes experimentais.

O primeiro filme de Miller como director foi Mad Max, salvaxes de autoestrada, financiado independentemente e que se converteu nun éxito internacional, dando lugar a varias secuelas.

A partir de 1987 centrouse máis na produción de proxectos australianos,[3] volvendo á dirección en 1992.

Filmografía

Ano Filme Acreditado como Notas
Director Guionista Produtor Outro
1979 Mad Max, salvaxes de autoestrada   Si   Si
1980 The Chain Reaction   Si   Si Director dalgunhas secuencias sen acreditar
1981 Mad Max 2   Si   Si   Si Montador adicional
1983 Twilight Zone: The Movie   Si Episodio Nightmare at 20,000 Feet
1983 The Dismissal   Si   Si   Si Miniserie
1984 The Last Bastion   Si Miniserie
1984 Bodyline   Si   Si
1985 Mad Max alén da cúpula do trono   Si   Si   Si Codirixido con George Ogilvie
1987 As meigas de Eastwick   Si
1987 The Year My Voice Broke   Si
1989 Calma total   Si   Si Director da segunda unidade
1989 Bangkok Hilton   Si Miniserie
1991 Flirting   Si
1992 Lorenzo's Oil   Si   Si   Si
1995 Babe   Si   Si
1996 Video Fool for Love   Si
1997 40,000 Years of Dreaming   Si   Si   Si Documental, presentador
1998 Babe: Pig in the City   Si   Si   Si
2006 Happy Feet   Si   Si   Si
2011 Happy Feet Two   Si   Si   Si
2015 Mad Max: Fury Road   Si   Si   Si

Notas

  1. "George Miller". Kythera-Family.net. 22 de maio de 2004. Consultado o 30 de xuño de 2011. 
  2. UNSWorld (2007) p. 15
  3. Dutka, Elaine (30 de decembro de 1992). "INTERVIEW : The Spark That Gives 'Oil' Its Heat : Movies: Director George Miller follows his passion and gambles on a long-shot--a medical mystery story.". The New York Times. Consultado o 10 de maio 2015. 

Véxase tamén

Ligazóns externas