Quinina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m isbn
Erro ortográfico
Liña 51:
O uso a gran escala da quinina como [[medicina preventiva|profiláctico]] da malaria ten, porén, a súa orixe en [[1850]], aínda que o seu uso remóntase, en [[Europa]], e sen illar nin purificar, ao [[século XVII]].
 
A árbore da quina, ''[[Cinchona officinalis]]'', e outras similares, como ''[[Cinchona pubescens]]'', seguen a ser as únicas fontes útiles de quinina. Porén, en tempos de guerra, intensificáronse os esforzos para lograr a súa síntese total. Os químicos estadounidenses R. B. Woodward e W. E. Doergin conseguiron sintetizala en [[1944]]. Desde entón, conseguíronse outras sínteses totais máis eficaces, pero ningunha delas pode competir a nivel económico coas técnicas de illamento e purificación do alcaloide a partir de fuentesfontes naturais.
 
O uso da quinina a doses terapéuticas pode provocar '''[[cinchonismo]]'''; en doses altas ou casos raros, pode ser incluso letal, provocando un edema pulmonar agudo e fulminante. En doses moi elevadas pode provocar [[aborto espontáneo]]. Ademais, a quinina é considerada un axente [[Teratoxénese|teratóxeno]] de categoría X pola [[FDA]] estadounidense, o cal significa que pode causar defectos de nacemento (especialmente [[xordeira]]) si a toman as mulleres durante o embarazo. Actualmente séguese utilizando para combatir a malaria, e tamén contra as cambras musculares (en forma de sulfato de quinina) e mesmo para a fabricación de produtos cosméticos.