Diferenzas entre revisións de «Eridu»

 
== Historia==
Investigacións arqueolóxicas foron levadas a cabo nos anos 40. Parece que o asentamento máis antigo foi ao redor do 5000 aCa. C. Segundo Oppenheim, "Finalmente o sur enteiro decaeu ao estancamento, abandonando a iniciativa política aos gobernantes das cidades do norte.” e a cidade foi abandonada no 600 a. C.
 
Na [[Lista de reis sumerios]], Eridu é nomeada como a cidade do primeiro rei: Despois do reinado vindo do ceo, o reinado tivo lugar en Eridug. En Eridug, Alulim chegou a ser rei; gobernou durante 28800 anos. Alaljar gobernou durante 36000 anos. Dous reis; gobernaron durante 64800 anos. Entón Eridug caeu e o reinado foi dado a Bad-tibira. A lista de reis dá gobernos particularmente longos (imposibles) aos reis que viñeron antes do diluvio.
 
Eridu nunca foi unha gran cidade a pesares de que os sumerios pensaban que era a máis antiga e fixeron dela a morada dun ss seus principais deuses: [[Enki]], señor das augas e das técnicas. O xacemento preséntase na actualidade como un conxunto de outeiros (tell) que rodean os restos dun [[cigurat]] mal conservado construidoconstruído por Amar-Sîn (2046-2038 a. C.) terceiro rei de [[Ur]] III. Baixo un dos ángulos do cigurat os arqueólogos Fuad safar e Seton lloyd exhumaron ata dezasete niveis de templos superpostos, no seu nivel máis baixo (ocupado por un templo dunha soa cámara con nicho e alatar) atopouse cerámica típica de Eridu, que presentaba afinidades coa cerámica transicional post-Samarra descuberta en Choga Mami. As escavacións iraquianoinglesas en Eridu de 1946-1949 descubriron que a parte meridional de Iraq estiveron habitadas dende, alomenoscando menos, o 5000 a. C. e que foi alí onde se orixinou a cultura de El Ubaid.
 
Adapa, gardián de Eridu, foi un exorcista, con poderes extraordinarios para combater os demos que atormentaban a imaxinación mesopotámica. Atopou o seu lugar entre os "apkallu" os sete famosos sabios. Era un mortal de liñaxe divina, como moitos heroes gregos que se mantiñan entre o limiar dos dous mundos. Cando rompeu as ás do Vento do Sur que envorcaran a súa embarcación de pesca, Adapa foi chamado ante Anu. Ea, o seu divos patrón, advertiulle que non tomase comida ou bebida mentres estivese no ceo, e así enganou Adapa a inmortalidade que fose súa.
2.518

edicións