Metadona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Victortpr (conversa | contribucións)
Liña 45:
 
== Efectos ==
A metadona presenta efectos a nivel do sistema nervioso central (cefaleas, euforia (escasa), disforia, insomnio, desorientación, axitación, mareos, convulsións, somnolencia), cardiovascular (rubor cutáneo, bradicardia, vasodilatación, parada cardíaca, palpitacións, desmaio, síncope, hipotensión, hipertensión, edemas, arritmias, taquicardias, cambios no electrocardiograma etc.), gastrointestinal (boca seca, náuseas, vómitos, estrinximento, diarrea, anorexia, xerostomía, espasmos, dor abdominal, aumento de peso), neuromuscular (debilidade), respiratorio (edema pulmonar, apnea, depresión respiratoria). Tamén actúa a nivel local (producindo dor, eritema, inchazón), hematolóxico (trombocitopenia), endocrinoendócrino-metabólico (diminución da libido e/ou potencia sexual, hipocalemia, hipomagnesemia, efecto antidiurético, amenorrea), ocular (mioses, alteracións visuais, nistagmo, diplopía). Ademais disto tamén pode provocar un incremento da presión intracranial.
 
Tamén pode producir alteracións dermatolóxicas como prurito, urticaria, dermatite de contacto; e de forma xeral, dependencia física e psicolóxica e en último termo, a morte.
Liña 66:
=== Dosificación ===
* Para o tratamento da dor a cantidade empregada é de 5 a 10 mg/dose, segundo a intensidade.
* No tratamento substitutivo de mantemento da dependencia a opiáceos comézase cunha dose de 20-40mg/diadía, aumentándoa gradualmente até conseguir unha dose de 60-100 mg/día. Non se deben superar os 120 mg/día.
 
No momento de suspender o tratamento, hai que ter en conta que ten que facerse de xeito gradual, diminuíndo a dose en 5 ou 10 mg. <ref name = Mary/> <ref name = Vademecum/>
Liña 103:
O tratamento dunha sobredose por metadona comezará polo restablecemento da función ventilatoria axeitada mediante o uso dunha vía aérea permeable e respiración asistida.
 
Ademais, debe administrarse un [[antídoto]], neste caso un antagonista opiáceo, coma a naloxona ou a nalorfina, por vía intravenosa ou intramuscular. O máis empregado é a naloxona, coa cal se conseguen reverter todos os síntomas da intoxicación. Debe terse en conta que a duración de acción da naloxona é moito máis corta ca da metadona, deberá administrarse en doses repetidas alomenoscando menos durante 6 ou 12 horas. Con todo, cabe destacar que non debe administrarse ningún antagonista opiáceo se non se dan signos de depresión respiratoria ou cardiovascular.
 
Tamén poden empregarse outras medidas de soporte vital e tratamento sintomático: osixenoterapia, vasopresores, fluídos intravenosos etc. <ref name = Luis/> <ref name = P.M./>