Cerponzóns, Pontevedra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Patrimonio: engado info desde a bibliografía indicada
Liña 21:
Consérvanse tres cruceiros e varios muíños no curso do río Rons, algún deles aínda en funcionamento, ademais de catro edificios nobres, anteriores ao século XVIII, entre eles a casa reitoral.
 
A [[Camiño portugués|ruta portuguesa]] do [[Camiño de Santiago]] entra en Cerponzóns pola [[ponte de San Caetano]], sobre o [[río Rons]]. NesteRío ríoarriba, preto do seu nacemento, está o [[embalse de Pontillón de Castro]], lugar empregado decote para celebrar competicións de [[piragüismo]].
 
Mentres se construía o [[camiño real]] de Pontevedra a Santiago de Compostela, en 1797 o [[arcebispo Malvar]] mandou construíu unha ponte para salvar o río Rons. Por ese camiño discorre a estrada [[N-550]] que atravesa a parroquia, se ben a mediados do [[século XX]] se construíu unha ponte paralela<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2015/10/30/puente-sobreviven/0003_201510P30C2991.htm "El puente al que todos sobreviven"], artigo de Carmen García de Burgos en ''La Voz de Galicia'', 30 de outubro de 2015.</ref>.
 
Celébrase a festa patronal o cuarto domingo de xaneiro (San Vicente) e tamén a do Corpus Christi, coas súas alfombras florais.