Xenopus laevis: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 29:
A duración media da súa vida está entre 5 e 15 anos, e hai rexistros dalgúns individuos que viviron de 20 a 25 anos.<ref>{{cite web|last=Garvey |first=Nathan |url=http://animaldiversity.ummz.umich.edu/site/accounts/information/Xenopus_laevis.html |title=ADW: Xenopus laevis: INFORMATION |publisher=Animaldiversity.ummz.umich.edu |accessdate=2013-06-08}}</ref> Mudan a pel todas as estacións, e comen a súa pel desprendida.
Aínda que carecen de [[saco vocal]], os machos fan unha chamada de apareamento consistente en vibracións curtas e longas, ao contraer os músculos larínxeos intrínsecos. As femias tamén responden vocalmente, indicando a súa aceptación (mediante un son de golpes secos) ou rexeitamento (sucesión lenta de clics).<ref>{{cite web|last=Garvey |first=Nathan |url=http://animaldiversity.ummz.umich.edu/site/accounts/information/Xenopus_laevis.html |title=ADW: Xenopus Laevis: Information |publisher=Animaldiversity.ummz.umich.edu |accessdate=2013-06-08}}</ref><ref>{{cite web|author=Talk of the Nation |url=http://www.npr.org/templates/story/story.php?storyId=123651128 |title=ADW: NPR: Listening To Love Songs of African Clawed Frogs |publisher=NPR |accessdate=2013-06-08}}</ref> Teñen unha pel lisa escorregadiza que está multicoloreada no dorso con manchas oliváceas cincentas ou marróns. A parte ventral é cor crema
O macho e a femia poden distinguirse doadamente polas seguintes diferenzas. Os machos son xeralmente un 20% máis pequenos, con corpos e pernas delgadas. Os machos fan chamadas de apareamento para atraer as femias, soando como un grilo que estive baixo a auga. As femias son meirandes, cunha aparencia máis repoluda e con protuberancias parecidas a cadeiras sobre as súas patas traseiras, nas cales almacena os ovos internamente. Non canta ou chama coma o macho, pero si responde ás súas chamadas (algo extremadamente raro entre os anfibios).
|