Benín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 55:
A [[lingua oficial]] de Benin é o [[Lingua francesa|francés]]. Porén, as linguas indíxenas como o [[Lingua fon|fon]] e o [[Lingua ioruba|ioruba]] son faladas de xeito común. O meirande grupo relixioso é o [[Igrexa Católica|catolicismo]], seguido de preto polo [[islam]], o [[vodú]] e o [[protestantismo]]. Benin é membro das [[Nacións Unidas]], da [[Unión Africana]], da [[Organización para a Cooperación Islámica]], da [[Zona de Paz e Cooperación do Atlántico Sur]], da [[Organización Internacional da Francofonía|Francophonie]], da [[Comunidade dos Estados do Sahel-Sahara]] e da [[Autoridade da Conca do Níxer]].<ref>[http://www.nationsencyclopedia.com/Africa/Benin-INTERNATIONAL-COOPERATION.html "Benin – International Cooperation"]. Nation Encyclopedia (2010-06-29).</ref>
 
Dende o século XVII até o XIX, as principais entidades políticas na área foron o [[Dahomey|Reino de Dahomey]] xunto coa cidade estado de [[Porto Novo]] e unha grande área con moitas tribos diferentes no norte. Esta rexión era chamada a [[Costa dos escravos]] a comezos do século XVII por mor do grande número de escravos que eran levados cara oao Novo Mundo polo comercio atlántico. Despois da abolición da [[escravitude]], Francia tomou o país e renomeouno como [[Dahomey Francés]]. En 1960, Dahomey acadaou a independencia plena de Francia, e viviu un treboento período con varios gobernos democráticos, golpes de estado e gobernos militares.
 
Un estado [[Marxismo-leninismo|marxista-leninista]] chamado [[República Popula de Benin]] existiu entre 1975 e 1990. En 1991, foi substituído pola actual República multipartidista.<ref name="Ibp Usa p85">Ibp Usa. Global Logistics Assessments Reports Handbook: Strategic Transportation and Customs Information for Selected Countries, p. 85. Int'l Business Publications, 2008. ISBN 0-7397-6603-1</ref>